Áslaug Jónsdóttir

escritora islandesa de literatura infantil

Áslaug Jónsdóttir, nada en Borgarfjarðarsýsla o 31 de marzo de 1963, é unha escritora islandesa de literatura infantil, así como ilustradora e escritora de obras de teatro.[1][2][3]

Infotaula de personaÁslaug Jónsdóttir

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de marzo de 1963 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Borgarfjarðarsýsla, Islandia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIslandia Editar o valor em Wikidata
EducaciónRoyal Danish Academy of Fine Arts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura infantil e xuvenil, Drama, ilustración e deseño gráfico Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , ilustradora , dramaturga , escritora de literatura infantil , deseñadora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua islandesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Páxina webaslaugjonsdottir.com Editar o valor em Wikidata
Bitraga: 4762

Traxectoria editar

Medrou preto de Borgarfjörður, no oeste de Islandia, e despois asistiu ó Menntaskólinn við Hamrahlíð en Reiquiavik. Posteriormente estudou en Copenhagen, Dinamarca, na Skolen for Brugskunst.

Carreira editar

Publicou o seu primeiro libro infantil de ilustracións en 1990. O seu traballo máis recente inclúe a colaboración das tamén autoras Kalle Guettler (sueca) e Rakel Heimisdal (feroesa) nunha serie de libros de "Monstros" publicados orixinalmente en islandés, sueco e feroés, comezando con Nei! sagði litla skrímslið (traducido ó galego en 2014 co título Monstro pequeno di non!) en 2004.[1]

En 2002, ela e Andri Snær Magnason colaboraron en Sagan af bláa hnettinum que gañou o Premio de Literatura Infantil Nórdica e que foi traducido a numerosas linguas, entre elas o inglés.[4]

Obras editar

  • Gullfjöðrin (1990)
  • Fjölleikasýning Ástu (1991)
  • Stjörnusiglingin – Ævintýri Friðmundar vitavarðar (1991)
  • Á bak við hús – Vísur Önnu (1993)
  • Einu sinni var raunamæddur risi (1995)
  • Prakkarasaga (1996, escrito xunto con Sigurborg Stefánsdóttir)
  • Sex ævintýri (1998)
  • Eggið (2003)
  • Unugata (2003)
  • Monstro pequeno di non! (Nei! sagði litla skrímslið, 2004). Traducido ó galego no 2014 por Sushi Books.
  • Gott kvöld (2005)
  • Os monstros grandes non choran (Stór skrímsl gráta ikki, 2006, escrito xunto con Kalle Güettler e Rakel Helmsdal). Traducido ó galego no 2014 por Sushi Books.
  • Quero peixe! (Ég vil fisk!, 2007). Traducido ó galego no 2019 por Alvarellos Editora.[5]
  • Monstros na escuridade (Skrímsli í myrkrinu, 2007, escrito xunto con Kalle Güettler e Rakel Helmsdal). Traducido ó galego no 2017 por Sushi Books.
  • Ég heiti Grímar (2008)
  • Gripe monstruosa (Skrímslapest, 2008, escrito xunto con Kalle Güettler e Rakel Helmsdal). Traducido ó galego por Sushi Books.
  • Skrímsli í heimsókn (2009, escrito xunto con Kalle Güettler e Rakel Helmsdal)
  • Skrímsli á toppnum (2010, escrito xunto con Kalle Güettler e Rakel Helmsdal)
  • Skrímslaerjur (2012, escrito xunto con Kalle Güettler e Rakel Helmsdal)
  • Skrímslakisi (2014, escrito xunto con Kalle Güettler e Rakel Helmsdal)
  • Skrímsli í vanda (2017, escrito xunto con Kalle Güettler e Rakel Helmsdal)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Áslaug Jónsdóttir". Icelandic Literature Centre. Consultado o 3 de outubro de 2017. 
  2. "Áslaug Jónsdóttir". Reykjavik: Unesco City of Literature. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2017. Consultado o 3 de outubro de 2017.  Arquivado 03 de outubro de 2017 en Wayback Machine.
  3. "About". Áslaug Jónsdóttir. Consultado o 3 de outubro de 2017. 
  4. "Formats and editions: The story of the blue planet". Worldcat. Consultado o 3 de outubro de 2017. 
  5. aslaugjonsdottir.com (ed.). "Ég vil fisk! komin út í Galisíu - Quero peixe!" (en islandés). Consultado o 13 de xuño de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar