Áreas municipais de Escocia

As áreas municipais de Escocia son as súas principais divisións administrativas, e correspóndense coa distribución do poder local. Todas teñen cadanseu concello. O seu nome en inglés é Council Areas; ademais, as áreas municipais teñen a capacidade, dende 1997 de denominarse en gaélico, se así o deciden elas mesmas, como "Comhairle".

As áreas municipais, tal e como hoxe se coñecen, definíronse en 1996 e entraron en funcionamento o 1 de abril de 1996, subtituíndo as anteriores rexións e distritos, e coas que non existe unha correspondencia directa.

Mapa editar

  1. Inverclyde
  2. Renfrewshire
  3. Dunbartonshire Occidental
  4. Dunbartonshire Oriental
  5. Glasgow
  6. Renfrewshire Oriental
  7. Lanarkshire do Norte
  8. Falkirk
  9. Lothian Occidental
  10. Edimburgo
  11. Lothian Central
  12. Lothian Oriental
  13. Clackmannanshire
  14. Fife
  15. Dundee

  1. Angus
  2. Aberdeenshire
  3. Aberdeen
  4. Moray
  5. Terra Alta
  6. Na h-Eileanan Siar ou Illas Occidentais
  7. Argyll e Bute
  8. Perth e Kinross
  9. Stirling
  10. Ayrshire do Norte
  11. Ayrshire Oriental
  12. Ayrshire do Sur
  13. Dumfries e Galloway
  14. Lanarkshire do Sur
  15. Estremas

 

Non saen no mapa: as Illas Órcadas e as Illas Shetland,

Estatísticas editar

Territorios Superficie
(km²)
Poboación
(2001)
Densidade
(por km²)
Aberdeen 182 212,125 1164
Aberdeenshire 6317 226,871 36
Angus 2184 108,400 50
Argyll e Bute 7023 91,306 13
Ayrshire do Norte 888 135,817 153
Ayrshire do Sur 1230 112,097 93
Ayrshire Oriental 1275 120,235 94
Clackmannanshire 158 48,077 304
Dumfries e Galloway 6446 147,765 23
Dundee 55 145,663 2648
Dunbartonshire Occidental 176 93,378 531
Dunbartonshire Oriental 176 108,243 617
Edimburgo 260 448,624 1725
Estremas 4727 106,764 23
Falkirk 293 145,191 496
Fife 1340 349,429 261
Glasgow 175 577,869 3307
Inverclyde 167 84,203 503
Lanarkshire do Norte 476 321,067 674
Lanarkshire do Sur 1778 302,216 170
Lothian Central 350 80,941 231
Lothian Occidental 427 158,714 372
Lothian Oriental 666 90,088 135
Moray 2237 86,940 39
Perth e Kinross 5395 134,949 25
Renfrewshire 263 172,867 659
Renfrewshire Oriental 168 89,311 532
Stirling 2243 86,212 38
Terra Alta 26,119 208,914 8
Total dos territorios en Gran Bretaña 73,193 4,994,276 68
Illas      
Na h-Eileanan Siar ou Illas Occidentais 3070 26,502 9
Illas Órcadas 1025 19,245 19
Illas Shetland 1471 21,988 15
Total das illas 5566 67,735 12
Total de Escocia 78,759 5,062,011 64

Véxase tamén editar