Árbore xenealóxica

Unha árbore xenealóxica é unha táboa xenealóxica que amosa datos xenealóxicos dun suxeito ou dun matrimonio dun xeito organizado e sistemático. A árbore pode ser ascendente, é dicir que amosa os antergos do suxeito de estudo, ou pode ser descendente, amosando, logo, a súa descendencia. A imaxe da árbore para ilustrar as relacións de parentesco data da Idade Media. Ás veces, a árbore refírese só á liñaxe masculina, é dicir, sen incluír a descendencia das fillas casadas; ou, pola contra, só a feminina. Hai diferentes métodos de representar ás árbores xenealóxicas, sendo o máis sonado o sistema de numeración de Sosa-Stradonitz‎.

Árbore xenealóxica de Antón Losada Diéguez.

Véxase tamén editar