Ángeles Vázquez

política galega
(Redirección desde «Ángeles Vázquez Mejuto»)

María Ángeles Vázquez Mejuto, nada en Melide o 3 de abril de 1972,[1] é unha política galega do PPdeG. Dende 2018 é a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e dende xuño de 2023 é vicepresidenta segunda da Xunta de Galicia.

Infotaula de personaÁngeles Vázquez

(2017) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de abril de 1972 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Melide, España Editar o valor em Wikidata
Alcaldesa de Melide
2011 – 2015
← María Socorro Cea VázquezDalia García Couso →
Deputada de España
14 de setembro de 2010 – 27 de setembro de 2011

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Alcaldesa de Melide
2004 – 2007
← Miguel Pampín RúaMaría Socorro Cea Vázquez → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - geography and history (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , funcionaria pública Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Xeografía Aplicada. É profesora e técnica en información e cultura. Traballou na radio municipal de Melide.

Nas eleccións municipais de 2003 presentouse na candidatura do PPdeG en Melide e foi elixida concelleira. Foi deputada provincial. En 2004 foi elixida alcaldesa de Melide logo da dimisión do alcalde Miguel Pampín Rúa para centrarse no Senado. Nas eleccións xerais de 2008 foi candidata a deputada polo PPdeG pola provincia da Coruña, chegando a deputada en 2010 substituíndo a Gerardo Conde Roa[2]. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG a alcaldía de Melide e foi elixida alcaldesa con maioría absoluta. Nas municipais de 2015 volveu ser elixida alcaldesa con maioría absoluta.

En outubro de 2015 foi nomeada Conselleira de Medio Rural[3]. Foi elixida deputada nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016. En xaneiro de 2017 renunciou ao seu cargo de deputada no Parlamento de Galicia[4]. Volveu ser elixida deputada nas eleccións de 2020, e volveu renunciar en setembro de 2021 a canda moitos dos outros deputados que tamén eran conselleiros.[5] En xuño de 2023 foi nomeada vicepresidenta segunda da Xunta de Galicia.[6]

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada pola Coruña.[7]


Predecesor:
Miguel Pampín Rúa
  
Alcaldesa de Melide
 
2004 - 2007
Sucesor:
María Socorro Cea Vázquez
Predecesor:
María Socorro Cea Vázquez
  
Alcaldesa de Melide
 
2011 - 2015
Sucesor:
Dalia García Couso
Predecesor:
Rosa Quintana
  
Conselleira de Medio Rural
 
2015 - 2018
Sucesor:
José González Vázquez
Predecesor:
Beatriz Mato
  
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
 
2018 -
Sucesor:

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar