Álvaro Enrique Arzú Irigoyen, nado na Cidade de Guatemala, 14 de marzo de 1946 e finado na mesma cidade o 27 de abril de 2018, foi un político guatemalteco. Presidente de Guatemala desde o 14 de xaneiro de 1996 ata o 10 de xaneiro do 2000. Tamén foi elixido alcalde de Cidade de Guatemala en catro ocasións: en 1982, pero un golpe de estado impediulle asumir o cargo; 1986, desta vez asumiu e serviu o seu mandato; outra vez en xaneiro do 2004; e foi reelixido unha vez máis en setembro do 2007, cun 55% dos votos.

Infotaula de personaÁlvaro Arzú

(2017) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Álvaro Enrique Arzú Irigoyen Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1946 Editar o valor em Wikidata
Cidade de Guatemala Editar o valor em Wikidata
Morte27 de abril de 2018 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Cidade de Guatemala Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Mayor of Guatemala (en) Traducir
15 de xaneiro de 2004 – 27 de abril de 2018 (morte)
← Fritz García Gallont (en) TraducirRicardo Quiñónez Lemus (en) Traducir →
32º Presidente de Guatemala
14 de xaneiro de 1996 – 14 de xaneiro de 2000
← Ramiro de León Carpio (pt) TraducirAlfonso Antonio Portillo Cabrera (pt) Traducir →
Mayor of Guatemala (en) Traducir
15 de xaneiro de 1986 – 30 de xuño de 1990 (renúncia (pt) Traducir)Óscar Berger → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGuatemala Editar o valor em Wikidata
EducaciónRafael Landívar University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoNational Advancement Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePatricia de Arzú (en) Traducir (1981–2018), morte do cónxuxe
Sylvia García Granados (pt) Traducir (1961–1981), divorcio Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Cursou a súa educación primaria e secundaria no Liceo Guatemala, unha das institucións máis prestixiosas e influentes do país centroamericano. Ocupou o cargo de Alcalde da Cidade de Guatemala durante 8 anos. Foi elixido en eleccións populares e tivo o apoio do Congreso, onde o seu partido obtivo maioría de deputados. Asumiu o a presidencia de Guatemala o 14 de xaneiro de 1996.

Recoñéceselle o haber logrado a paz no país coa URNG, logo de máis de tres décadas de loitas internas. Tal firma realizouse nun solemne acto o 29 de decembro de 1996 ao cal asistieron xefes de Estado e representantes doutros países, así coma tamén o Secretario da ONU. No seu mandato a construción de estradas e infraestruturas, así coma o reforzo e depuración das forzas de seguridade do país, foron unha prioridade. En febreiro de 1996, o seu goberno recibiu a segunda visita do Papa Xoán Paulo II. Aínda todo, a súa xestión viuse empañada por escéndalos de corrupción ao privatizar empresas do Estado, coma Gautel, Fegua ou Indeca.

No 2003 e co seu novo partido Unionista regresou ao Palacio de La Loba e de novo foi alcalde da Cidade de Guatemala. No 2005, Álvaro Enrique Arzú Irigoyen aparece no terceiro posto dos mellores alcaldes do mundo.

No 2007 creou o servizo de Transmetro na Cidade de Guatemala, o cal fora criticdo por moitos cidadáns, pero non hai dúbida que foi de grande axuda, posto que trátase dun transporte rápido, seguro, moderno e hixiénico. Nese mesmo ano foi reelixido como alcalde da cidade novamente.

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Ramiro de León Carpio
Presidente de Guatemala
1996 - 2000
Sucesor:
Alfonso Portillo