Águeda Gómez Suárez

socióloga e investigadora galega

Águeda Gómez Suárez, nada no Rosal o 10 de outubro de 1971, é unha socióloga, escritora e profesora galega especializada na diversidade, a etnicidade e na prostitución.

Infotaula de personaÁgueda Gómez Suárez
Biografía
Nacemento24 de outubro de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
O Rosal, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigador , socióloga , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 146161

Traxectoria editar

Águeda Gómez licenciouse en Socioloxía en 1994 pola Universidade Complutense de Madrid e doutorouse en Socioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 2001 coa tese Indigenismo y mobilización política en América Latina: los Tawahka, pobo orixinario da selva centroamericana da Mosquitia hondureña.[1]

É profesora titular na facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo.[2]

Gran parte das súas investigacións desenvolvéronse en América Latina en temas como a igualdade de xénero en distintos grupos étnicos do mundo, a prostitución ou os movementos étnicos en Centroamérica.[3]

A prostitución tamén centrou as súas investigacións e en 2008 publicou o monográfico Perfil sociológico de los clientes de prostitución en Galicia, en Edicións Xerais.

En 2015 publicou El putero español: quiénes son y qué buscan los clientes de prostitución en España, unha investigación sobre as motivacións que levan ós homes a pagar por sexo, un estudo realizado xunto á profesora Rosa María Verdugo e a investigadora Silvia Pérez.[4]

Dende 2018 dirixe a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.[5]

Notas editar

  1. "Indigenismo y movilización política en América Latina: los tawahkas. - PDF". 
  2. Universidade de Vigo (ed.). "Águeda Gómez Suárez". www.uvigo.gal. Consultado o 2023-07-06. 
  3. "AGUEDA GOMEZ SUAREZ". bidi.uvigo.gal. Consultado o 06-07-2023. 
  4. Marcos Pérez Pena (25 de marzo de 2015). "El consumo masivo de prostitución en España es un síntoma de que algo está fallando". elDiario.es (en castelán). 
  5. Cristina Barral (2019-05-05). "«En las académicas es obvio que hay un parón por la brecha de cuidados»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2020-11-06.