Ácido elaídico

composto químico

O ácido elaídico ou ácido trans-9-octadecenoico [1][2] é un ácido graxo insaturado trans, que é a principal graxa trans que se encontra nos aceites vexetais hidroxenados e aparece en pequenas cantidades no leite caprino e bovino (aproximadamente o 0,1% dos ácidos graxos que conteñen) [3] e nalgunhas carnes. É un isómero xeométrico do ácido oleico, sendo este último a forma cis. O nome da reacción chamada elaidinización procede deste ácido ; dita reacción consiste en alterar a orientación da configuración en torno aos dobres enlaces de cis a trans, o que incrementa o punto de fusión e a duración das graxas.

Ácido elaídico
Identificadores
Número CAS 112-79-8
PubChem 637517
ChemSpider 553123
DrugBank DB04224
KEGG C01712
ChEBI CHEBI:27997
ChEMBL CHEMBL460657
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C18H34O2
Masa molecular 282,46 g/mol

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O ácido elaídico incrementa a actividade da proteína transferente de colesteriléster (CETP), a cal á súa vez eleva a cantidade de colesterol VLDL e diminúe a do colesterol HDL, o que pode favorecer a aterosclerose.[4]

Utilízase comercialmente na preparación de oleatos e locións, e como solvente farmacéutico.[5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Sommerfeld M. Trans unsaturated fatty acids in natural products and processed foods. Prog Lipid Res. 1983;22(3):221-33. PMID 6356151. [1]. Graxas trans na natureza e nos alimentos.