¿Quen teme a Virginia Woolf?

filme de 1966 dirixido por Mike Nichols

¿Quen teme a Virginia Woolf? (inglés: Who's Afraid of Virginia Woolf?) é un filme dramático estadounidense de 1966, dirixido por Mike Nichols. O guión é unha adaptación da obra teatral homónima, escrita por Edward Albee.

¿Quen teme a Virginia Woolf?
Ficha técnica
Título orixinalWho's Afraid of Virginia Woolf?
DirectorMike Nichols
ProdutorErnest Lehman
GuiónErnest Lehman
Baseado enWho's Afraid of Virginia Woolf?, de Edward Albee
IntérpretesElizabeth Taylor
Richard Burton
George Segal
Sandy Dennis
MúsicaAlex North
Estrea21 de xuño de 1966
Duración132 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento7,5 millóns de dólares
Recadación40 millóns de dólares
Linguainglés
Na rede
IMDB: tt0061184 Filmaffinity: 969127 Allocine: 2768 Rottentomatoes: m/whos_afraid_of_virginia_woolf Mojo: whosafraidofvirginiawoolf Allmovie: v54412 TCM: 95743 Metacritic: movie/whos-afraid-of-virginia-woolf TV.com: movies/whos-afraid-of-virginia-woolf
Facebook: whosafraidofvirginiawoolfofficial Netlix: 1120753Editar o valor em Wikidata

En 2013, foi seleccionado para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos como "cultural, histórica ou esteticamente significativa".[2]

Foi emitido na TVG o 17 de maio de 1986.[3]

Argumento editar

Martha e George forman un matrimonio de mediana idade, intelectuais, que se aman e se odian. Despois dunha festa na casa do pai de Martha, o presidente da universidade en que George dá clases, a parella volve á súa residencia e, bastante embriagados, acollen a Nick e Honey, unha parella de mozos que tamén estaba na festa e que vive lonxe. Nick é tamén profesor na universidade.

Avergoñados polo clima tenso entre George e Martha, que acaban de ter unha violenta discusión, os mozos comezan a beber tamén xunto aos seus anfitrións. Martha insinúase abertamente a Nick e humilla a George que, despeitado, "inventa" un "xogo da verdade", inducindo as persoas ao seu arredor a confesaren detalles íntimos.

Elenco editar

Premios editar

O filme foi o segundo (tras Cimarron) en ser candidata aos premios Oscar en todas as categorías nas que podía ser elixíbel (filme, director, actor, actriz, actor e actriz secundarios, guión, dirección artística, fotografía, son, deseño de vestiario, música e montaxe). Os catro actores foron candidatos ao Oscar e gañárono Elizabeth Taylor (mellor actriz) e Sandy Dennis (mellor actriz secundaria). Tamén gañou os premios á mellor fotografía en branco e negro (Haskell Wexler), mellor dirección artística en branco e negro e mellor vestiario en branco e negro.[4]

Nos premios da BAFTA gañou os de mellor filme, mellor actor británico (Richard Burton) e mellor actriz británica (Elizabeth Taylor). Taylor recibiu tamén o New York Film Critics Circle Awards á mellor actriz.

Notas editar

  1. "WHO'S AFRAID OF VIRGINIA WOOLF? (X)". Warner Bros. British Board of Film Classification. 27-6-1966. Arquivado dende o orixinal o 26-09-2013. Consultado o 21-9-2013. 
  2. "Library of Congress announces 2013 National Film Registry selections" (Nota de prensa). Washington Post. 18-12-2013. Consultado o 18-12-2013. 
  3. La Voz de Galicia, 17 de maio de 1986. Páx. 63
  4. "NY Times: Who's Afraid of Virginia Woolf?". NY Times. Consultado o 2008-12-26.