+44 ("Plus Forty Four") foi unha banda de pop punk formada polos antigos membros de blink-182 Mark Hoppus (voz e baixo) e Travis Barker (batería, percusión e teclados). A banda completábase co antigo guitarrista de xira dos Transplants, Craig Fairbaugh, e o guitarrista de The Nervous Return, Shane Gallagher.

+44
OrixeOs Ánxeles, California,
Período2005 - 2009
Xénero(s)pop punk, rock alternativo, rock electrónico
Selo(s) discográfico(s)Interscope Records, Polydor Records
MembrosMark Hoppus
Travis Barker
Shane Gallagher
Craig Fairbaugh
Carol Heller
Artistas relacionadosBlink-182, Mercy Killers
Na rede
plusfortyfour.com
MySpace: plus44 Spotify: 7gkRNHOOt7QfhhXf0rEnmj Musicbrainz: c2a44e93-3a2b-44aa-bd8b-7a71bb76e3b5 Songkick: 278424 Discogs: 640496 Allmusic: mn0000484990 Deezer: 9141 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Formación editar

Orixinalmente +44 ía ser só un proxecto paralelo de Blink-182 cando Mark e Travis falaron sobre el na súa xira europea de finais do ano 2004, pero entón notaron que Tom DeLonge actuaba de xeito distante e estaba perdendo interese con respecto á banda. Os feitos ocorridos en febreiro do 2005 fixeron que +44 se convertese no foco principal de Mark e Travis en vez dun proxecto paralelo. O proxecto tiña elementos non habituais nos traballos de Blink-182, como baterías electrónicas, teclados e gravacións computarizadas. Barker comentou posteriormente que os elementos electrónicos da banda derivaron de "155", o primeiro tema que el e Hoppus escribiron como banda.

Mentres o traballo continuaba con demos, a vocalista de Get the Girl Carol Heller foi convidado por Hoppus e Barker a unha audición da súa voz. A actuación de Heller foi o suficientemente boa para a banda e como resultado os tres seguiron traballando xuntos en máis cancións. A formación cambiou novamente a principios do 2006, coa entrada do guitarrista Shane Gallagher.

Co obxectivo de avanzar coas demos, Barker e Hoppus conseguiron un estudio. A banda comezou entón a traballar nel ensaiando como unha banda normal.

O son do grupo ten un toque electrónico que co tempo se fixo menos evidente, pero que aínda permanece como un sinal de identidade. Debido a isto, Heller atopou que non era compatible coa dirección da banda e, xunto co seu desexo de formar unha familia, deixou a banda. O traballo de voces de Heller está aínda presente nos temas "Make You Smile", "Weatherman", e nas primeiras mesturas de "No, It Isn't". Despois diso, Hoppus, Barker e Gallagher buscaron un novo corista e o guitarrista Craig Fairbaugh de Mercy Killers uniuse á banda.

When Your Heart Stops Beating editar

Á medida que se achegaba a data de edición proxectada, comezaron a circular rumores sobre o título do álbum. Nun principio pensouse que se chamaría Little Death e apareceu así na revista AP. Posteriormente revelouse que ese sería un dos temas incluídos. Hoppus finalmente decidiuse por When Your Heart Stops Beating. A canción "Lycanthrope" lanzouse na páxina web de +44 a principios de setembro do 2006.

Máis tarde, nese mesmo mes, a emisora KROQ-FM anunciou o título dos temas do álbum. A banda realizou o seu primeiro concerto o 7 de setembro do 2006 no Roxy Theatre en Hollywood; esa foi a primeira actuación que facía Hoppus en dous anos. O seguinte concerto foi no Reino Unido, no London Astoria. Ambos os concertos provocaron unha reacción moi boa dos fans, tendo en conta que ata ese momneto só se escoitara o tema "When Your Heart Stops Beating" .

O álbum editaríase o 11 de novembro en Australia, o día 13 en Europa e o 14 en Norteamérica.

Durante a rodaxe do vídeo para "When Your Heart Stops Beating", Travis Barker feriuse nun brazo. A lesión descubriuna semanas máis tarde, despois da xira europea de promoción. Isto obrigono a non poder tocar nas xiras por Australia e Europa que virían a contunuación. Gil Sharone substituiríao neses concertos.

+44 entón versionou o tema de The Smashing Pumpkins "I Am One" para un trubuto en MySpace para a banda de Chicago, e tamén participou no EP iTunes Foreign Exchange. Para este versionaron o tema de Wir sind Helden "Guten Tag" traducido ao inglés e Wir sind Helden versionou o seu tema "When Your Heart Stops Beating" en alemán, titulado "Wenn Dein Herz zu Schlagen Aufhört".

No ano 2007 +44 sumouse á Honda Civic Tour xunto con Fall Out Boy, The Academy Is..., Paul Wall e Cobra Starship. Durante a xira graváronse eles mesmos tocando para o videoclip do seu seguinte sinxelo, "155". Nesa xira comezaron a versionar os temas de blinl-182 "Dammit", "The Rock Show" e "What's My Age Again?".

Cancelación do segundo álbum de estudio e paréntese editar

O 23 de outubro do 2007 Hoppus anunciou que +44 asinara un contrato coa Interscope para comezar a gravar o segundo álbum da banda. O 9 de abril dixo que o atraso do traballo se debía á falta de financiamento do selo, e o 25 de maio anunciaría que o álbum estaba en preprodución. Considerouse a posibilidade de editar os temas na súa web, pero o selo podería interpor unha demanda por ese feito.

O 15 de setembro do 2008 Hoppus fixo público un vídeo seu tocando un tema novo e o 18 de setembro Chris Holmes fixo o mesmo cun segundo vídeo na súa páxina de YouTube de Hoppus tocando outra canción.

O 19 de setembro Travis Barker resultou ferido nun accidente aéreo en Columbia, Carolina do Sur, do que se recuperou completamente.

Nunha entrevista na MTV o 19 de xaneiro de 2009, Hoppus afirmou estar traballando nun álbum en solitario. Durante a entrevista nin confirmou nin negou que +44 se separase. O 8 de febreiro anunciouse que a antiga banda de Hoppus e Barker, Blink-182 se reformara.

En varias entrevistas concedidas entre febreiro e marzo do 2009 Hoppus afirmou que fora unha boa experiencia tocar cos seus compañeiros de +44, pero que a partir de entón centraría todos os seus esforzosn en blink-182.

Discografía editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar