Xaxún: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
desfago ironía
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Xaxún''' ou '''xexún''' é a [[abstinencia]] dalgunha ou de todas as ''comida''s, e nalgún caso tamén da [[bebida]], durante un período de tempo. O xexún tamén pode conlevar a prohibición de comer determinados tipos de alimentos, como a [[carne]], e mesmo a prohibición de realizar actos sexuais. O xaxún pode ser por razóns relixiosas ou médicas.
 
O xaxún cristián ten a súa orixe na [[Biblia]], practícano os católicos, os anglicanos, os ortodoxos e algunhas denominacións protestantes norteamericanas como a [[Igrexa Metodista Unida]]. As igrexas reformadas europeas critican o xaxún como algo puramente externo, sen relación coa salvación do individuo.