Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:Calrosfking»

m
''"Nun principio semellaba que o obxectivo único era producir contidos libres en galego, conforme maduraba o wiki, albiscouse un horizonte máis amplo. Na educación a Wikipedia supón un valioso instrumento tanto en proxectos puntuais dirixidos polos propios mestres como en accións concretas coordenadas cos editores do wiki. Estamos ante un sistema simple para que se exerciten os estudantes no mundo virtual e no manexo das ferramentas informáticas, na busca de información e na comprobación das fontes."''.
</blockquote>
Na miña opinión esa idea segue viva (mesmo cómpre ampliala), o teu traballo todos estes anos (porque xa podemos falar de anos!) encaixa perfectamente no que aí se sinala, tanto no propósito coma no espírito da idea. Só podo falar por min, concordo completamente co que expós na miña páxina de conversa e quero agradecer unha vez máis a dedicación e o traballo que tes feito na Galipedia. Tamén teño que engadir que agradezo que haxa profesores coma ti que teñan entre os seus obxectivos ''"o de formar persoas autónomas e reponsables..."'' aínda que como sinalas no proceso sempre haxa ''"...problemas en moitos casos derivados das situacións persoais de cada un (cultura, medios, educación) e dos conflicos propios da idade na que estan"''. Para min iso ten moito mérito, naturalmente non diría o mesmo se pensase que os obxectivos ou as razóns que motivaban a colaboración foran alleas ao propósito e espírito deste proxecto, non é o caso. Penso que os colaboradores temos que ter un plus de paciencia e tentar axudar no que poidamos para que este tipo de novos usuarios teñan posibilidade de comprender o funcionamento do wiki e contribúan na medida das súas poisibilidades a melloralo.
 
So me queda por dicir que a comunidade do wiki está en continuo cambio, iso implica que ás veces terás que volver a explicar aos colaboradores que estean nese momento o sentido do teu —do voso— traballo. Algúns coñecemolo pero outros non, por ese motivo pode haber algún malentendido. Quizais debería engadir algún apunte de tipo técnico, iso queda para outra ocasión ou para cando se dea o caso. Novamente grazas. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 16:36, 9 decembro 2008 (UTC)
68.670

edicións