Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Nova sección: →‎IES Mendiño
Prevert (conversa | contribucións)
Liña 68:
 
Non te preocupes polo traballo, que para iso nos pagan ;). Chamoume máis a atención a falta de resposta nas mensaxes que lles deixei, o que me fixo pensar máis nunha especie de broma (aquí non podiamos falar de vandalismos) que dunha intención de colaborar na Galipedia. Co que xa sabemos, tódalas miñas dúbidas quedaron resoltas e xa non queda ningún problema pendente. Eu, como non teño nada que ver coa docencia non me vexo facendo canteira, pero claro que é necesaria, así que se quedan 1 ou 2 por curso podemos estar satisfeitos. Só endagir unha cousa: que lles advirtas que será nas súas páxinas de usuario onde lles digamos qué sobra, qué falta, qué está ben ou qué está mal, así que deben estar atentos a cando reciban unha mensaxe, e que contesten, pregunten ou mesmo discutan o que queiran, que mans para axudarlles atoparán abondo. Un saúdo para todos eles e a miña noraboa para ti. Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 15:47, 3 decembro 2008 (UTC)
 
== Re: Agradecemento pola benvida ==
 
Ola Calrosfking. En primeiro lugar desculpa polo retraso, por desgraza, pola escaseza de tempo, está convertendose en algo habitual. Para responderche quixera recuperar algo que escribimos cando se acadaron os 20.000 artigos na [[Wikipedia:20.000 artigos|páxina da conmemoración]]. No apartado titulado 'O vello e o novo' di:
<blockquote>
''"Nun principio semellaba que o obxectivo único era producir contidos libres en galego, conforme maduraba o wiki, albiscouse un horizonte máis amplo. Na educación a Wikipedia supón un valioso instrumento tanto en proxectos puntuais dirixidos polos propios mestres como en accións concretas coordenadas cos editores do wiki. Estamos ante un sistema simple para que se exerciten os estudantes no mundo virtual e no manexo das ferramentas informáticas, na busca de información e na comprobación das fontes."''.
</blockquote>
Na miña opinión esa idea segue viva (mesmo cómpre ampliala), o teu traballo todos estes anos (porque xa podemos falar de anos!) encaixa perfectamente no que aí se sinala, tanto no propósito coma no espírito da idea. Só podo falar por min, concordo completamente co que expós na miña páxina de conversa e quero agradecer unha vez máis a dedicación e o traballo que tes feito na Galipedia. Tamén teño que engadir que agradezo que haxa profesores coma ti que teñan entre os seus obxectivos ''"o de formar persoas autónomas e reponsables..."'' aínda que como sinalas no proceso sempre haxa ''"...problemas en moitos casos derivados das situacións persoais de cada un (cultura, medios, educación) e dos conflicos propios da idade na que estan"''. Para min iso ten moito mérito, naturalmente non diría o mesmo se pensase que os obxectivos ou as razóns que motivaban a colaboración foran alleas ao propósito e espírito deste proxecto, non é caso. Penso que os colaboradores temos que ter un plus de paciencia e tentar axudar no que poidamos para que este tipo de novos usuarios teñan posibilidade de comprender o funcionamento do wiki e contribúan na medida das súas poisibilidades a melloralo.
 
So me queda por dicir que a comunidade do wiki está en continuo cambio, iso implica que ás veces terás que volver a explicar aos colaboradores que estean nese momento o sentido do teu —do voso— traballo. Algúns coñecemolo pero outros non, por ese motivo pode haber algún malentendido. Quizais debería engadir algún apunte de tipo técnico, iso queda para outra ocasión ou para cando se dea o caso. Novamente grazas. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 16:36, 9 decembro 2008 (UTC)