Noite de san Xoán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 7:
As fogueiras máis importantes atópanse en [[Alacante]], declaradas de "Interese Turístico Internacional". Aquí, nesta [[cidade]], considéranse auténticas [[obras]] de [[arte]]. Son creadas durante meses por construtores e artistas que empregan materiais tan variados como [[cartón]], [[madeira]], [[papel]], [[pintura]]... para que poidan arder facilmente na noite de San Xoán.
 
A noite de San Xoán é unha das festas [[antropoloxía|antropoloxicamente]] máis importantes en [[Galicia]]. Así, por exemplo, o día [[23 de xuño]] celébrase a noite de San Xoán coas tradicionais fogueiras na praia do Orzán e na praia de Riazor na [[Coruña]], sendo esta a festa do San Xoán máis multitudinaria de [[Galicia]] e unha das máis multitudinarias de toda España. A noite de San Xoán na [[Coruña]] foi declarada festa de Interese Turístico Nacional. Tamén en case todas as parroquias de [[Vigo]] festésaxe a noite de San Xoán, onde destacan as de Valladares, Castrelos, Candeán e Saians. E Tamén en [[Nigrán]].
 
Enraizando con costumes pagáns, celébrase a chegada do verán mediante fogueiras e todo tipo de celebracións ao seu redor. Moitos ritos de carácter máxico asócianse a esta tradición: saltar as fogueiras, pór un ramo de herbas de San Xoán nas portas da casa coa finalidade de protexerse das [[meigas]], lavarse ao amencer en mananciais ou con [[auga de rosas]], etc.