Ver, Bóveda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 93 habitantes (53 mulleres e 40 homes), distribuídos nas entidades: O Casar, Cima de Vila, Concheiros, Outeiro, Os Páxaros, Sucastro e Ver, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 105 habitantes.
 
==Topónimo==
No Concilio de [[Oviedo]], no [[século IX]], aparece como ''Vaer'' nun documento ó sinalizar as lindes da xurisdicción do [[mosteiro de S.San Vicente do Pino]]. E con Alfonso[[Afonso IX]], o mesmo nome escrébese nun privilexio a favor da igrexa de [[Lugo]].
 
==Patrimonio artístico==
O templo parroquial data do S.XVII. Edificio de planta rectangular, construído sobre un castro, con muros de mampostería de pizarra enlucidos. A capela maior, diferenciada da nave en planta e alzado, sepáraa da nave un arco rebaixado de medio punto, e ten a sancristía adosada ó alzado norte.
 
No lugar de Sucastro sitúase a Casa Torre de Ver. Trátase dun conxunto distribuído ó redor dun patio central, no que atopamos, aparte do edificio principal, un notable número de edificacións de carácter agrícola. O edificio principal, reconstruído en 1761, según reza unha inscrición sobre a porta principal, é unha construcción de planta rectangular, con muros de mampostería de pizarra, e cuberta a catro augas, en madeira e pizarra.
 
En Ver atopamos un peto de ánimas de construcción recente pero aproveitando materiais dun anterior. Está cuberto por unha cornixa moldurada sobre a que se situou unha cruz latina.