Manuel Blanco Romasanta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
reás é un plural irregular
Liña 7:
Comezou a estenderse o rumor de que vendía [[unto]] de graxa [[ser humano|humana]] e que, polo tanto, era un criminal. Foi acusado do asasinato dun [[alguacil]]. Xulgado e condenado, conseguiu fuxir, e estivo agochado durante meses. Nese tempo fóronse sucedendo en [[Galicia]] unha serie de asasinatos que, aínda que diferentes na técnica, gardaban semellanzas entre si.
 
Foi capturado en setembro de [[19521852]] en [[Nombela]] ([[provincia de Toledo|Toledo]]) e xulgado en [[Allariz]]. Durante o xuízo recoñeceu que matara nove persoas. Ao parecer, empregaba as mans e os dentes para asasinar as vítimas, e [[canibalismo|comía os restos]]{{cómpre referencia}}. De feito, a tipoloxía das feridas infrinxidas ás vítimas (trabadas con fondas marcas dos [[cairo (dente)|cairos]], fixo que o consideraran un [[licantropía|lobishome]]. El mesmo confesou que fora vítima dunha maldición cando era mozo e que tiña [[alucinación]]s nas que se vía arrodeado de [[lobo]]s logo dos seus asasinatos.
 
O xuízo contra o lobishome durou aproximadamente un ano, e o [[6 de abril]] de [[1853]] o [[xuíz]] de Allariz emitiu unha [[pena de morte|sentenza de morte]] que o condenaba a [[garrote]] e a unha indemnización de 1000 reás por vítima. Ao pouco de asinarse a sentenza un [[hipnotismo|hipnólogo]] [[Francia|francés]]{{cómpre referencia}} que coñecía o caso pediulle ao [[Ministerio de Xustiza de España|ministro de Graza e Xustiza]] que adiase a aplicación da pena e que lle permitise tratar o caso. O hipnólogo argumentaba que Manuel Blanco padecía unha enfermidade mental [[monomanía]]ca chamada [[licantropía]], e quería estudalo. En paralelo, os avogados da defensa conseguiron que a raíña [[Sabela II]] lle conmutase a pena por [[cadea perpetua]] alegando que non existían máis probas cá súa propia confesión.
 
Manuel Blanco morreu ao pouco tempo no cárcere de Allariz, onde cumpría condena.
 
==Na cultura==