Hioide: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: É o único óso do pescozo, situado enriba da larinxe, coa que mantén importantes relacións. Únese a este órgano mediante a membrana tiro-hioidea, entre o cartigo tiroide e o ... |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 6 de decembro de 2008 ás 05:29
É o único óso do pescozo, situado enriba da larinxe, coa que mantén importantes relacións. Únese a este órgano mediante a membrana tiro-hioidea, entre o cartigo tiroide e o óso hioide. Na parte superior relaciónase coa parte máis posterior da lingua. A situación do hioide permite distinguir dous grupos distintos de músculos: os suprahioideos (superiores ó hiode) e os infrahioideos (inferiores ó hioide).
Estrutura do óso
- Corpo:
- Cara anterior: Insírense os seguintes músculos:
- Xenihioideos
- Hiogloso
- Digástrico
- Estilohioideo
- Cara posterior: Relaciónase coa membrana tirohioidea a través da bolsa adiposa de Boyer.
- Bordo superior: Insírese a membrana hioglosa e os músculos hiogloso, xeniogloso e xenihioideo.
- Bordo inferior: Insírense os músculos:
- Tirohioideo
- Omohioideo
- Esternocleidohioideo
- Cara anterior: Insírense os seguintes músculos:
- Astas maiores:
- Superficie interna: Insírese o músculo hiogloso.
- Superficie externa: Insírese o músculo constritor medio da farinxe.
- Bordo superior: Insírese o ligamento tirohioideo lateral. Tamén hai febras do músculo constritor medio da farinxe, do Hiogloso do Digástrico e o Estilohioideo.
- Bordo inferior: Insírese a membrana tirohioidea.
- Astas menores: Insírense:
- Ligamento estilo-hiodeo.
- Músculo estilogloso
- Músculo hiogloso
- Músculo constritor medio da farinxe
Interese forense
Nos asasinatos por estrangulación este óso soe romperse.
Interese antropolóxico
A posición do hioide é importante para determinar que homo podía falar e cal non. O primeiro en falar suponse a día de hoxe que é o homo ergaster, cuxo hioide está máis elevado co dos homo predecesores.