Apoptose: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
FlaBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: simple:Apoptosis
Silverfox (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
Ocorre no desenvolvemento embrionario, na organoxénese, na renovación de células epiteliais e hematopoiéticas, na involución cíclica dos órganos reprodutivos da muller, na atrofia inducida pola remoción de fatores de crecemento ou hormonios, na involución de algúns órganos e aínda na regresión de tumores. Por tanto consiste nun xeito de morte programada, desexábel e necesaria que participa na formación dos órganos e que persiste nalgúns sistemas adultos como a pel e o [[sistema inmunolóxico]].
 
== Sinalización da apoptose ==
 
Este proceso é demasiado perigoso se non é regulado adecuadamente. Por iso existen unha serie de sinais que determinarán se a célula debe entrar ou non en apoptose. Podemos establecer dous grandes grupos de sinais:
* '''Sinais de supervivencia''': a célula precisa de constantes sinais de supervivencia. A ausencia das mesmas determinará a entrada da célula en apoptose. O principal sinal de supervivencia é AKT. Tamén a testosterona en áreas do xiro dentado.
* '''Sinais de morte celular''': Únense a un receptor ('''receptor da morte'''), ocasionando a entrada na apoptose. Un exemplo é FasL, ligando que se une ó receptor da morte FAS.
 
== Proceso de apoptose ==
Sexa cal sexa a ruta de apoptose, o resultado é o de activar unha serie de [[proteínas|proteasas]], chamadas Caspasas (cisteín-asparagín-proteasa). As caspasas son xeradas en forma de pre-caspasa inactiva. Durante o proceso apoptótico son parcialmente fragmentadas e activadas. A súa función é a de activar as '''nucleasas''', outras proteasas, cuxa función é destruír o material xenómico, culminando o proceso.
 
== Modificacións celulares ==
* '''A nivel citoplásmico''': prodúcese unha hipereosinofilia, perda da estrutura normal, alteracións na mitocondria e nos retículos endoplásmicos. Tamén na membrana celular, no aparello de Golgi e nos lisosomas. Xorden inclusións celulares.
* '''A nivel nuclear''': Poden ocorrer:
**1.'''''Picnosis''''': condensación da cromatina
**2.'''''Cariolisis''''': disolución da cromatina
**3.'''''Cariorrexis''''': rotura da cromatina
Son procesos excluíntes, se ocorre un, non ocorre ningún dos outros.
 
== Activación da apoptose ==
Hai 5 rutas posibles:
* '''Vía extrínseca''': Comeza coa interación ligando-receptor letal. Os principais ligandos son TNF-α e FasL. Por exemplo, TNF-α únese a FADD (dominio de morte de FAD). Este complexo produce dous efectos:
** Unión con pre-caspasa 8 e formación do complexo DISC.
** Saída de Bid, factor pro-apoptótico que favorece a saída de citocromo C (véxase vía intrínseca).
O complexo DISC provocará a activación da caspasa iniciadora 8, que activará ás caspasas 3, 6 e 7. Estas activan as nucleasas e prodúcese a apoptose.
 
* '''Vía intrínseca''': producida a partir da mitocondria pola saída de citocromo C. Ubicada na membrana mitocondrial áchase Bcl-2, factor anti-apoptótico que inhibe a saída do citocromo. Bax, Bad e Bid, en cambio posibilitan a apoptose. Máis concretamente, Bax aumenta a permeabilidade da membrana permitindo a saída de citocromo C.
 
Unha vez no citoplasma, o citocromo C únese a Apaf-1 e caspasa-9, formando o apoptosoma. O seguinte paso é a activación de caspasa-3 e de alí ás nucleasas.
 
* '''Ruta do p53''': Se se produce un dano irreparable no ADN, actívase a transcripción do xene p53. Isto acarrea a produción de Bax, provocando a saída de citocromo C.
 
* '''Ruta citotóxica ou directa''': É unha vía dependente do sistema inmune, mediada por linfocitos Tc e NK. Ditos linfocitos abren a membrana da célula diana mediante o uso de porinas. A través dos novos poros circulan granzimas, que activan directamente a caspasa-3, desencadeando a apoptose.
 
* '''Ruta do retículo endoplásmico''': ten dous efectos primarios. O primeiro, saída masiva de calcio do retículo; o segundo, activación da caspasa-12. Esta activa á caspasa-9 e logo á caspasa-3.
 
== Textos de consulta ==
* Guyton. Tratado de Fisiología Médica. Undécima edición.
* Harrison - Principios de Medicina Interna. Decimosexta edición.
 
[[Categoría:Bioloxía]]