Ribeiro (viño): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
pecho paréntese
Liña 2:
 
==Historia==
A primeira fonte documental que menciona o viño do Ribeiro é o [[Grecia Antiga|grego]] [[Estrabón]] ([[século -II|século II a.n.e.]]). Tamén está documentada a exportación do viño a [[Roma]] logo da conquista [[Imperio Romano|imperial]]. No [[século XI]] os monxes [[beneditino]]s (logo [[cisterciense]]s) do [[mosteiro de San Clodio]] centralizaban a produción vitivinícola da comarca, e asentaron e definiron as variedades específicas<ref>[http://www.ribeiro.es/?seccion=historia&idioma=ga Historia do Ribeiro] Web do Consello regulador da Denominación de orixe</ref>. O abade Paio González cita no [[século XII]] os labores de reimplantación do viñedo. Tamén impulsaron a produción de [[viño]] os monxes do [[mosteiro de Oseira]] (séculos XII e [[século XIII|XIII]]), que aínda que afastados xeograficamente, mantiñan baixo o seu dominio distintas terras de cultivo e [[priorato]]s para a produción desta bebida.
 
Nos [[século XIV|séculos XIV]] e [[século XV|XV]], exportábase amplamente a Europa, aos reinos de [[Francia]], [[Portugal]], [[Inglaterra]] e [[península Itálica|italianos]]. O viño transportábase polo [[río Miño]] ata podelo embarcar. Hai constancia de que en [[1592]] se embarcaron no [[porto de Ferrol]] 127 pipas de ribeiro que custaron 190 reás.