Catarina I de Rusia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 19:
Ao quedar orfa, entra a servir na casa de Ernest Gluck, pastor luterano de Marienburg, que non fixo nada por darlle unha educación, polo que quedou analfabeta toda a súa vida. De moza casou cun oficial de dragóns suecos chamado Johan Raabe, pero cando Marienburg foi conquistada polas tropas rusas, Gluck ofreceuse para ir como traductor ao servizo do mariscal de campo Boris Sheremetv, levándose a Marta. Máis tarde, pasou a ser criada (e amante) do principe Alexandre Ménshikov, amigo e cortesano de [[Pedro I de Rusia|Pedro I]], primeiro gobernador de [[San Petersburgo]].
 
==Pedro ''o Grande''==
 
En [[1703]], cando [[Pedro I de Rusia|Pedro]] fundou San Petersburgo e transladou ali a súa corte, convertiuse na súa amante, casando en segredo en [[1707]], despois de que se convertera á fe ortodoxa e tomara o nome de Catarina Alekséievna, e con quen tivo once fillos dos que sobreviviron Ana e Isabel. Mentras construían a cidade, viviron nunha cabaña onde ela cociñaba e coidaba o xardín. Cando se transladaron ao pazo, conservarona rodeándoa dun valado.
 
==Emperatriz==