Conversa usuario:Mark Gasoline / Arquivo 1: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
explícome (ou iso intento) |
Desculpas |
||
Liña 4:
: A denominación (oficial) do noso día nacional é a que dá título ó artigo, '''Día Nacional de Galicia'''. Pero todos temos claro que se utilizan tamén eses outros nomes (Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia, Día da Patria ou Día da Patria Galega). ¿Canto "populares" son esoutras denominacións? Imposible sabelo e cada quen dará a súa experiencia persoal pero o que resulta innegable é que se utilizan popularmente. Podemos utilizar calquera das acepcións que nos dá o dicionario para a palabra "popular": do pobo, estendido, comprendido por todos, vulgar, de uso xeneralizado. Sei que non pretendes eliminar esas denominacións, senón o feito de que se califiquen de "populares". Podes crer que non o son (que son raras, pouco estendidas, inusuais), e eu podo crer o contrario (persoalmente, creo que é máis "popular" o nome de Día de Galicia), pero o caso é que non se trata do que ti ou eu creamos. O cambio non está xustificado (sei que tampouco o está o termo inicial) polo que non procede eliminar o de "popularmente".
: Non pretendo convencerte de nada, pero creo que debemos evitar cambios que semellan obedecer máis a opinións políticas -respectables, por suposto- que ó fondo da cuestión ou ó erros de contido. Isto si que me gustaría que o entendeses. Un saúdo e ata sempre. Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 00:09, 10 novembro 2008 (UTC)
Ola, Marc. Pídoche desculpas porque metín a pata. E é máis, metín a pata e tampouco che expliquei no seu momento por que facía os cambios. Perdoa. Voume explicar:
* Revertín a túa edición porque Ao e ó son formas igual de correctas en galego. Iso quere dicir que a norma na wikipedia é que, cando alguén escribe "ó" non se lle pode mudar a "ao" e ao revés. Pero isto tiña que tercho explicado, así que aí metín a pata.
* O outro cambio... o outro cambio nin o vin. Nin me decatei. Revertín sen ver que tamén engadiras unha ligazón externa. Síntoo. Pero a verdade é que esa é unha web comercial, e que a información, tal e como é, sería mellor trasladala ao artigo en forma de contido. É dicir, sen copiar+pegar, coller as cousas interesantes que aí se din sobre os [[martelo]]s e engadirllas ao artigo. :)
Perdoa unha vez máis. --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] <sup>[[Conversa Usuario:Xabier Cid| Conversa ]]</sup> 09:03, 30 novembro 2008 (UTC)
|