Pataca (moeda): Diferenzas entre revisións

denominación de diversas moedas
Contido eliminado Contido engadido
Traducción dunha páxina da wikipedia en portugues sobre unha moeda de Asia.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 29 de novembro de 2008 ás 16:58

Pataca é o nome de tres moedas, das que só unha delas ten actualmente valor legal.

Pataca "mexicana"

A pataca era unha moeda de prata, co valor de 320 reais que foi emitida polo goberno portugués ata o século XIX.

O nome "pataca" derivase da moeda de prata de oito reais mexicanos.

Antigamente era popular na Asia, coñecidos en portugués como "pataca mexicana".

Pataca de Timor Portugués

Pataca timorense foi a moeda da colonia de Timor Portugués entre 1894 e 1959, agás polo período comprendido entre 1942 e 1945, cando foi ocupada polos xaponeses durante a Segunda Guerra Mundial, e fora introducido o gulden das Indias Holandesas e a rupia das Indias Holandesas. Era equivalente á pataca de Macao e subdividida en 100 avos.

Pataca de Macao

Actualmente, a Pataca (abreviatura: MOP) é a moeda oficial usada na Rexión Administrativa Especial de Macao da República Popular China. Unha pataca é subdividida en 100 avos.

O Goberno de Macao, querendo crear a súa propia moeda oficial, autorizou, en 1901, o Banco Nacional Ultramarino (BNU) a emitir billetes coa denominación de patacas. Os primeiros billetes impresos comezaron a entrar en circulación en 1906 e 1907. A súa cotización está indexada á cotización do dólar de Hong Kong [1].

Así, a pataca tornouse dende entón a moeda oficial de Macao, substituindo o real ao troco de 1 pataca = 450 reais.

A partir de 1995, o Banco da China é tamén responsabel da emisión de billetes. [2].

A pataca atópase oficialmente indexada ao dólar de Hong Kong, cuxa circulación no Macao é libre. A taxa de troco é de MOP$103,20 para HK$100, cunha lixeira variación ata o 10%. Cerca de 12 a 13 Patacas equivalen a 1 euro e cerca de 7,8 a 8 Patacas a 1 dólar americano. [3].

Referências

  1. Moedas de Macao de Ma Tak-wo. Publicado, en 1987, polo Museo Luís de Camões e editado polo Leal Senado de Macao
  2. Páxina oficial do Banco da China (Sucursal de Macao)
  3. Moeda usada en Macao na Dirección dos Servizos de Turismo de Macao

Editado da páxina pataca da wikipedia portuguesa da que é traducción.