Técnica Levallois: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: vls:Levalloistechniek |
RNC (conversa | contribucións) mSen resumo de edición |
||
Liña 13:
==== O método clásico: a extracción preferencial ====
[[Imaxe:Levallois Preferencial-Animation.gif|thumb|235px|Reconstrución hipotética da extracción dunha lasca Levallois preferencial]]
O núcleo Levallois para unha lasca preferencial é o prototipo clásico. O procedemento que se segue comeza, neste caso, pola elección dun canto-soporte: un canto arredondeado lixeiramente
==== Un método alternativo: a extracción reiterativa centrípeta ====
A finais dos [[anos 1980|anos 80]], o investigador [[Francia|francés]] [[Éric Boëda]] estudou detidamente unha serie de pezas musterienses procedentes do xacemento de ''Biache-Saint-Vaast'' ([[Pas-de-Calais]]) descubrindo que, durante o Paleolítico Inferior e Medio existía unha variante Levallois que pasara desapercibida ou que fora identificada cunha técnica de lascado habitual neses períodos prehistóricos, a ''extracción centrípeta discoide'' (que non conleva lascas predeterminadas). Pouco despois realizou unha profunda revisión do método Levallois a través do estudo destes e outros [[tipo lítico|obxectos arqueolóxicos]] e de [[talla lítica experimental|experiencias de talla]]. Boëda dedica gran parte dos seus traballos a establecer as diferenzas entre núcleos Levallois reiterativos centrípetos e os núcleos discoides de extracción centrípeta. Así mesmo propúxose establecer a relación entre o método Levallois clásico, para unha lasca preferencial, e este procedemento repetitivo. Tanto o núcleo Levallois reiterativo, como o Discoide comparten unha estratexia de explotación centrípeta moi rendible; pero, mentres que o Levallois ten unha superficie principal de explotación escasamente combada, case plana, o núcleo discoide tenas moi combadas, practicamente (bi) piramidales ou, cando menos, claramente (bi)convexas. Isto débese a que a concepción volumétrica da técnica Levallois é peculiar: os núcleos Levallois centrípetos reiterativos teñen un plano de percusión circundante, preparado para obter unha boa morea de lascas predeterminadas, golpeando perifericamente; ademais, a cara de explotación é bastante plana, cunha preparación moi similar á dun núcleo Levallois clásico, o cal permite aproveitar ao máximo a súa superficie e obter lascas relativamente grandes e invasoras, reiteradamente. É dicir, mentres que nun núcleo non Levallois centrípeto bifacial ambas as caras son equivalentes, pois ambas as dúas se traballan para extraer lascas (de aí, a súa morfoloxía biconvexa, visto de perfil); un núcleo Levallois reiterativo, en cambio, é planoconvexo porque cada cara ten unha función diferente:unha actúa de plataforma de percusión periférica e, a outra, de zona de explotación centrípeta.
|