Brigham Young: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: zh:楊百翰
{{ligazóns internas}} e arranxiños
Liña 1:
{{ligazóns internas}}
[[Image:Brigham_Young.jpg|thumb|right|Brigham Young]]
'''Brigham Young''' (nado en [[Vermont]] o 1 de xuño de 1801 -e falecido o 29 de agosto de 1877) foi o segundo profeta e revelador, presidente da Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días, tamén coñecidos como mormóns.
 
Young é coñecido con varios sobrenomes, entre eles "o Moisés Americano" (ou tamén "o Moisés moderno" ou "o Moisés mormón") debido a que, igual que Moisés, conduciu aos primeiros membros da Igrexa de Xesucristo durante un arduo "éxodo" polas chairas de América do Norte, para chegar a unha "terra prometida". Tamén se lle coñeceu como "o León do Señor" pola súa forte personalidade, e como "Irmán Brigham".
 
== Vida ==
Young naceu nunha familia de granxeiros en [[Vermont]] e traballou como carpinteiro e ferreiro itinerante, entre outros traballos. casou por primeira vez en 1824.
 
Aínda que se converteu ao metodismo en 1823, Young achegouse ao [[mormonismo]] tras ler o [[Libro de Mormón]] pouco logo da súa publicación en 1830. Uniuse formalmente á nova fe en 1832 e viaxou a [[Canadá]] como misioneiro. Cando a súa primeira esposa faleceu en 1833, Young colaborou con outros mormóns para establecer unha comunidade en [[Kirtland, Ohio]].