Philip Johnson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ro:Philip Johnson
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 18:
Logo, no [[1928]], Johnson coñeceu ao arquitecto da [[Bauhaus]], [[Ludwig Mies van der Rohe]], quen estaba a facer nese momento o Pavillón xermano para a exhibición de [[Barcelona]] no 1929. O encontro foi unha revelación para Johnson, creando as bases para unha longa relación de colaboracións e competicións. O alumno atopa finalmente ao mestre. Johson neste período simpatiza coa ideoloxía de dereitas xermana, apoiando visións políticas antisemitas. Despois, durante a súa carreira profesional, non obstante, repudiaría as súas tendencias políticas da xuventude.
 
Johnson voltou da [[Alemaña]] sendo partidario da [[Arquitectura Moderna|Nova Arquitectura]]. Viaxando pola [[Europa]] cos seus amigos, [[Alfred H. Barr]] e [[Henry-Russell Hitchcock]], e coñecendo de primeira man as novas tendencias, os tres amosaron os seus descubrimentos nunha exposición no Museo de Arte Moderna chamada "[[Estilo Internacional (arquitectura)|O Estilo Internacional]]: A Arquitectura dende [[1922]]". A exposición foi profundamente influente e hoxe vese comacomo a introdución da arquitectura moderna no pobo americano. Deu a coñecer arquitectos de vangarda coma [[Le Corbusier]], [[Walter Gropius|Gropius]] e [[Ludwig Mies van der Rohe]]. Mais a exposición non se librou da controversia: o arquitecto [[Frank Lloyd Wright]], nun xesto de sinceridade, retirou as súas entradas, xa que, segundo o seu parecer, non foi o suficientemente destacado.
 
Coma o crítico Pater Blake dixera, a importancia desta exposición no emprazamento da arquitectura americana no século "non pode ser exaxerada". No libro que acompañaba a exposición, baixo a co-autoría de Hitchock, argumentaba que o estilo moderno mantiña tres principios formais: 1. énfase do volume sobre a masa (máis planeamento e menos solidez) 2. rexeitar a simetría e 3. rexeitar a decoración. A definición do movemento coma un "estilo" con características formais distintas foi visto por algúns críticos como a minimización da inclinación social e política que moitos dos europeos amosaran.