100.962
edicións
Xas (conversa | contribucións) (corrixo grallas) |
Xas (conversa | contribucións) (Lp Sacardebois) |
||
'''Sacardebois''' é unha das parroquias do concello de [[Parada do Sil]] ([[provincia de Ourense]]). Linda ó norte co [[río Sil]] que a separa das parroquias de [[Pinol, Sober|Pinol]] e [[Amandi, Sober|Amandi]], do veciño concello de [[Sober]] na
Comprende os lugares de
{{Lp Sacardebois}}
Situada na ladeira sur do Sil, a súa orografía está formada por unha vertente orientada cara ó norte en forma de pequenas ondulacións e vales por onde percorren os regatos das Augas Brancas (cos seus afluentes: [[Río Chipela|Chipela]], [[Río Roxedoiro|Roxedoiro]] e [[Río Purdeus|Purdeus]]), regato da Gurbela ou San Fiz, regato da Confredaría ou da Barxa, e por último, regato de Peche ou da Costrela, nomeados eles, de oeste a leste.
==Festas==
A parroquia ten como patrón a San Martiño que se celebra o [[11 de novembro]] cunha festa popular gastronómica con [[magosto]] incluído, que nos últimos anos é tamén a festa do viño, pero hai outra festa de verán, o Carme, que ten lugar o [[16 de xullo]]. Tamén son salientables as festas na [[A Costrela, Sacardebois, Parada de Sil|Costrela]], onde contan cunha capela en honra da Virxe das Neves, e mais recentemente en [[Calvos, Sacardebois, Parada de Sil|Calvos]] en honra a San Roque, como evento gastronómico é festivo só para os nados do lugar e os seus familiares, que se celebra o primeiro sábado despois do [[15 de agosto]].
|
edicións