Sacardebois, Parada de Sil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Xas (conversa | contribucións)
corrixo grallas
Liña 1:
'''Sacardebois''' é unha das parroquias do concello de [[Parada do Sil]] ([[provincia de Ourense]]). Linda ó norte co [[río Sil]] que a separa das parroquias de [[Pinol, Sober|Pinol]] e [[Amandi, Sober|Amandi]], do veciño concello de [[Sober]] na [[provincia de Lugo]], ó sur, [[Forcas, Parada de Sil|Forcas]], e ó oeste, [[Chandrexa, Parada de Sil|Chandrexa]] e por último oó leste con San Lourenzo de Barxacoba. Estas tres últimas tamén pertencen ó concello de Parada de Sil.
 
Comprende os lugares de [[Bouzas, Sacardebois, Parada de Sil|Bouzas]], [[Calvos, Sacardebois, Parada de Sil|Calvos]], [[A Costrela, Sacardebois, Parada de Sil|A Costrela]], [[Leiravella, Sacardebois, Parada de Sil|Leiravella]], Barxa, Porto e [[Val, Sacardebois, Parada de Sil|Val]].
 
Situada na ladeira sur do Sil, a súa orografía está formada por unha vertente orientada cara ó norte en forma de pequenas ondulacións e vales por onde percorren os regatos das Augas Brancas (cos seus afluentes: [[Río Chipela|Chipela]], [[Río Roxedoiro|Roxedoiro]] e [[Río Purdeus|Purdeus]]), regato da Gurbela ou San Fiz, regato da Confredaría ou da Barxa, e por último, regato de Peche ou da Costrela, nomeados eles, de oeste a leste.
 
==Solo==
Liña 16:
A parroquia ten como patrón a San Martiño que se celebra o [[11 de novembro]] cunha festa popular gastronómica con [[magosto]] incluído, que nos últimos anos é tamén a festa do viño, pero hai outra festa de verán, o Carme, que ten lugar o [[16 de xullo]]. Tamén son salientables as festas na Costrela, onde contan cunha capela en honra da Virxe das Neves, e mais recentemente en Calvos en honra a San Roque, como evento gastronómico é festivo só para os nados do lugar e os seus familiares, que se celebra o primeiro sábado despois do [[15 de agosto]].
 
{{Parada do Sil}}
 
[[Categoría:{{Parada dode Sil]]}}
 
[[Categoría:Parada de Sil]]