República Socialista Soviética Carelo-Finesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 43:
| Himno da RSS Carelo-Finesa.
|}
 
A '''República Socialista Soviética Carelo-Finesa''' foi o nome que recibiu a rexión de [[Carelia]] de [[Finlandia]], ocupada pola [[Unión Soviética]] en [[1940]], despois da [[Guerra de Inverno]]. O seu único chanceler foi [[Otto Kuusinen]], até [[1956]], cando foi anexada á Rexión Autónoma que equivale á actual [[República de Carelia]] da [[Federación Rusa]].
 
O territorio que abranguía a República estaba dividido entre a [[República Socialista Federativa Soviética de Rusia|RSFS de Rusia]] e [[Finlandia]] antes de novembro de [[1939]]. Na parte rusa, o territorio era administrado como unha [[República Socialista Soviética Autonóma]] de nome [[República Socialista Soviética Autonóma de Carelia|RSSA de Carelia]].
 
As fronteiras soviético-finesas de 1939 foran estabelecidas no [[Tratado de Tartu (Finlandia-Rusia)|Tratado de Tartu]] o [[14 de outubro]] de [[1920]]. Mais, ao inicio da [[Segunda Guerra Mundial]], os soviéticos consideraron que con ditas fronteiras, era moi pouco viable unha defensa efectiva de [[Leningrado]] ante unha [[Operación Barbarroxa|inminente invasión alemá]]. Despois de intentar persuadir aos fineses de ceder terreo en [[Carelia]], especificamente onda o [[Lago Ladoga]], a Unión Soviética recorreu ás armas.
 
O [[30 de novembro]] de 1939, a Unión Soviética atacou a Finlandia logo de idear o [[incidente de Mainila]] como escusa. A chamada [[Guerra de Inverno]] tiña como intención a ocupación total de Finlandia, e para legalizar esta invasión proclamouse a [[República Democrática de Finlandia]], presidida por [[Otto Ville Kuusinen]], quen escapara á Unión Soviética despois de que o seu partido fora derrotado na [[Guerra Civil Finlandesa]]. Debido ao fracaso inicial da invasión e ao desacordo internacional á mesma, [[Stalin]] decidiu non ocupar todo o país, e decidiu disolver a [[República Democrática de Finlandia]], que para marzo de 1940 só comprendía territorio finés rodeando o Ladoga.
 
A guerra finalizou co [[Tratado de Paz de Moscova]], firmado o [[13 de marzo]] de [[1940]]. En dito Tratado, o territorio da [[República Democrática de Finlandia]] foi anexado á Carelia Rusa, e creouse a '''República Socialista Soviética de Carelo-Finesa''', sendo unida á RSSA de Carelia, que á súa vez foi separada da RSFS de Rusia.
 
Otto Kuusinen seguiu presidindo os territorios da Carelia soviética até [[1956]], cando a msma foi "degradada" á RSSA de Carelia, sendo integrada na RSFS de Rusia por segunda vez. Coa disolución da Unión Soviética, Carelia continuaría baixo control ruso, esta vez baixo o nome da [[República de Carelia]].
 
Durante a [[Guerra de Continuación]], Finlandia ocupou Carelia até [[1944]], cando quedou claro que os seus aliados alemáns perderían a II Guerra Mundial. O [[19 de setembro]] de 1944, o goberno de Finlandia asinou o [[Armisticio de Moscova]], cedendo máis territorio á Unión Soviética que foi anexado á RSS Carelo-Finesa. Isto foi ratificado por Finlandia no [[Tratado de París (1947)|Tratado de París de 1947]], renunciando a futuras reclamacións do territorio perdido. Durante estes cambios, a RSS Carelo-Finesa cedeu ao [[oblast de Leningrado]] terreos ao sur, especificamente o [[istmo de Carelia]] xunto con [[Vyborg]].
 
{{Repúblicas Soviéticas}}