Arxila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: A '''arxila''' está constituída por agregados de silicatos de aluminio hidratados, procedentes da descomposición de rochas que conteñen feldespato, orixinada nun proceso na...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 21 de novembro de 2008 ás 03:51

A arxila está constituída por agregados de silicatos de aluminio hidratados, procedentes da descomposición de rochas que conteñen feldespato, orixinada nun proceso natural que dura decenas de miles de años.

Presenta diversas coloracións segundo as impurezas que conteñen, sendo branca cando é pura.

Caracterízase por adquirir plasticidade ao ser mesturada con auga, e tamén sonoridade e dureza ao quentala por encima de 800º C. A arxila endurecida mediante a acción da calor foi a primeira cerámica elaborada polo home, e hoxe en día é un dos materiais máis baratos e de uso máis amplo. Obtéñense ladrillos, utensilios de cociña, obxectos de arte e incluso instrumentos musicais como a ocarina. Tamén se emprega en moitos procesos industriais, tales como na elaboración de papel, produción de cemento e procesos químicos.

Clasificación

  • Arxilas caoliníticas
  • Arxilas montmorilloníticas
  • Arxilas ilícitas

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.