Filosofía da ciencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Silverfox (conversa | contribucións)
Liña 131:
O positivismo do [[século XIX]] evolucionou cara á [[filosofía analítica]], un conxunto de correntes estreitamente emparentadas que foron diferenciándose progresivamente. A corrente dedicada ao estudo da ciencia tomou o nome de [[positivismo lóxico]], [[empirismo lóxico]] ou, simplemente, [[neopositivismo]]. Unha segunda corrente dedicouse fundamentalmente ao estudo da [[lóxica]] e as linguaxes, a [[filosofía da linguaxe]], onde destacaron [[Ludwig Wittgenstein]] ([[1889]] - [[1951]]), [[Bertrand Russell]] ([[1872]] - [[1970]]) e [[Alfred North Whitehead]] ([[1861]] - [[1947]]).
 
Adóitase considerar que a filosofía da ciencia acada a súa idade adulta na década dos vinte coa aparición do [[Círculo de Viena]], no que se encadrou un nutrido grupo de filósofos como [[Rudolph Carnap]] ([[1891]] - [[1970]]), [[Otto Neurath]] ([[1881]] - [[1945]]), [[Hans Hahn]] ([[1879]] - [[1934]]), [[Kurt Gödo\Gödel]] ([[1906]] - [[1978]]) ou [[Willard V. Quine]] ([[1908]] - [[2000]]). [[Hans Reichenbach]] ([[1891]] - [[1953]]) fundou o Grupo ou [[Círculo de Berlín]], a imitación do de Viena.
 
O Círculo de Viena propuxo un modelo de ciencia no que esta procede mediante xeralizacións ([[indución]]) a partir dos datos. A visión da ciencia do Círculo de Viena é chamada tamén [[Concepción herdada]] ou Concepción Herdada da Ciencia. A idea central do positivismo e do neopositivismo é que a ciencia debe utilizar as teorías como instrumentos para predicir fenómenos observables e debe '''renunciar a buscar explicacións'''. A busca de explicacións á función da [[metafísica]], que non é ciencia senón palabrería carente de significado. Así, o neopositivismo presenta unha visión [[instrumentalismo|instrumentalista]] da ciencia. De acordo con estas ideas os integrantes do Círculo defenderon un ''criterio [[verificacionismo|verificacionista]] de significado'' que agrupaba os enunciados en dúas clases: