Comezou a súa vida profesional como avogado [[Dereito civil|civilista]] en [[Lugo]]. Entrou por influencia dun tío seu no [[Partido Liberal (España)|Partido Liberal]], alcanzando a presidencia da [[Deputación Provincial]] lucense en [[1899]], cargo que ostentaría até catro veces en distintos períodos. O seu rival político ao longo do primeiro terzo do século XX sería o conservador [[Ángel López Pérez]].
Durante a [[Segunda República española|Segunda República]] manteuseapoiaría próximopara unha segunda volta, ante a anulación das eleizóns do [[12 de abril]] de [[1931]], unha candidatura apañada conxuntamente con o gobernador civil, e o obxectivo de anular a López Pérez. Esta candidatura resultaría elixida, non sen grande escándalo nas Cortes. Voltáronse a repetir, mais pouco variaron<ref>X.R. Barreiro Fernández, ''O devalar da Restauración: a Ditadura e o tránsito á República'', in Gran Historia de Galicia, t. XI. A Coruña. 2007, páx. 213</ref>. Logo achegouse á [[CEDA]], dando apoio á candidatura de seu fillo, [[José Benito Pardo Pardo]], nas eleizóns xerais españolas de febreiro de 1936, que saería elixido deputado. No período da [[Guerra Civil española|Guerra Civil española]] manteuse á marxe, aínda que con frecuencia se lle pedíu consello xurídico. Faleceu pouco despois de acabar a guerra, o [[12 de outubro]] de [[1939]], no seu pazo de Balmonte.
==Referencias literarias==
|