José Benito Pardo Rodríguez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 5:
Pardo y Rodríguez naceu en [[Balmonte]], [[Castro de Rei]], Lugo, en [[1867]], dentro dunha familia de notoria [[fidalguía]]. Era fillo de José Benito Pardo Balmonte e de María Rodríguez Rodríguez. Estudou Dereito na Universidade de [[Santiago de Compostela]], lugar onde fixo amizade con [[Carlos Pardo Pallín]], mais tarde cuñado seu, con [[Alejandro Pérez Lugín]] e máis con [[Luis Recaséns Siches]].
 
Comezou a súa vida profesional como avogado [[Dereito civil|civilista]] en [[Lugo]]. Entrou por influencia dun tío seu no [[Partido Liberal (España)|Partido Liberal]], alcanzando a presidencia da [[Deputación Provincial]] lucense en [[1899]], cargo que ostentaría até catro veces en distintos períodos. O seu rival político ao longo do primeiro terzo do século XX sería o conservador [[Ángel López Pérez]].
 
Durante a [[Segunda República española|Segunda República]] manteuse próximo á [[CEDA]], dando apoio á candidatura de seu fillo, [[José Benito Pardo Pardo]], nas eleizóns xerais españolas de febreiro de 1936, que saería elixido deputado. No período da [[Guerra Civil española|Guerra Civil española]] manteuse á marxe, aínda que con frecuencia se lle pedíu consello xurídico. Faleceu pouco despois de acabar a guerra, o [[12 de outubro]] de [[1939]], no seu pazo de Balmonte.