José Benito Pardo Rodríguez: Diferenzas entre revisións
ca:José Benito Pardo y Rodríguez |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 21 de novembro de 2008 ás 00:01
Jose Benito Pardo y Rodríguez (1867 - 1939) foi un avogado e político lucense, prototipo de caciques da Restauración. Era coñecido popularmente como Pepe Benito.
Biografía
Pardo y Rodríguez naceu en Balmonte, Castro de Rei, Lugo, en 1867, dentro dunha familia de notoria fidalguía. Era fillo de José Benito Pardo Balmonte e de María Rodríguez Rodríguez. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, lugar onde fixo amizade con Carlos Pardo Pallín, mais tarde cuñado seu, con Alejandro Pérez Lugín e máis con Luis Recaséns Siches.
Comezou a súa vida profesional como avogado civilista en Lugo. Entrou por influencia dun tío seu no Partido Liberal, alcanzando a presidencia da Deputación Provincial lucense en 1899, cargo que ostentaría até catro veces en distintos períodos.
Durante a Segunda República manteuse próximo á CEDA, dando apoio á candidatura de seu fillo, José Benito Pardo Pardo, nas eleizóns xerais españolas de febreiro de 1936, que saería elixido deputado. No período da Guerra Civil española manteuse á marxe, aínda que con frecuencia se lle pedíu consello xurídico. Faleceu pouco despois de acabar a guerra, o 12 de outubro de 1939, no seu pazo de Balmonte.
Referencias literarias
Polo seu poder caciquil e influencia xurídica, Pepe Benito tiña gran sona na provincia de Lugo. É citado en obras como as de Cunqueiro ou Fole, pero sempre de pasada, sen retrato literario máis extenso do que unhas breves liñas como apoio de referencia de época.