Cadea trófica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
PepedoCouto (conversa | contribucións)
PepedoCouto (conversa | contribucións)
Liña 13:
***'''Predadores''' e '''pecoreadores'''. Organismos que inxiren o corpo das súas presas, enteiro ou en parte. Esta actividade pode chamarse e chámase as veces predacción, pero é máis común para a actividade dos carnívoros, é decir, os consumidores de segunda orde ou superior.
***'''Descompoñedores''' e '''detritívoros'''. Os primeiros son aqueles organismos saprótrofos, como bacterias e fungos, que aproveitan os residuos por medio da dixestión externa seguida de absorción (osmotrofia). Os detritívoros son algúns protistas e pequenos animais, que devoran (fagotrofia) os residuos sólidos que encontran no chan ou nos sedimentos do fondo, así como animais grandes que aliméntanse de cadáveres, que son os carroñeiros.
***'''Parasitos''' e '''comensais'''. Os parasitos poden ser depredados, como o son os pulgóns das plantas por xoaniñas, ou os parasitos dos grandes herbívoros africanos, depredados por picabois e outras aves. Os parasitos soen a súa vez ter os seus propios parasitos, de maneira que cada parasito primario pode sela base dunha cadea trófica especial de parasitos de distintas ordes.
**Se examinamos o nivel trófico máis alto de entre os organismos explotados por unha especie, atribuiremos a esta unha orde na cadea de transferencias, según o número de termos que teñamos que contar dende o principio da cadea:
***'''Consumidores primarios''', os [[fitófago]]s ou herbívoros. Devoran ós organismos autótrofos, principalmente plantas ou algas, aliméntanse deles de forma parasita, como fan por exemplo os pulgóns, son comensais ou simbiontes de plantas, como as abellas, ou especialízanse en devorar os seus restos mortos, como os ácaros oribátidos ou os milpés.