Diferenzas entre revisións de «PJ Harvey»

sen resumo de edición
(→‎Discografía: Enlace a "Selo discográfico")
 
==Traxectoria==
Alcumada como "a [[Patti Smith]] dos 90", Polly Jean naceu nunha granxa de Yeovil, e dende moi xove aprendeu a tocar o [[saxo]] e a [[guitarra]]. Cando era unha adolescente participou en varias agrupacións ata [[1991]], ano no que formou o seu grupo PJ Harvey, xunto ao baxista [[Steve Vaughn]] e ó bateristabatería [[Robert Ellis]]. Tanto o seu primeiro single, ''Dress'', coma o segundo, ''Sheela-Na-Gig'', foron un gran éxito; pouco a pouco, o grupo foise consolidando como unha nova banda de rock alternativa cuxa notoriedade aumentaba cada vez máis dentro do panorama musical.
 
En [[1992]] lanzaron o seu primeiro disco, ''Dry''; un ano despois, e logo dunha longa e aclamada xira, PJ Harvey volveu a [[Londres]] para gravar o seu segundo traballo, ''Rid of me'', cun son que estaba preto do [[noise]] e do [[punk]] nas guitarras; foi este disco o que converteu esta banda nun grupo de culto. Ao final de ano, sacaron á luz ''4-Track Demos'', un disco no que aparecían versión orixinais das cancións da placa anterior.
2.309

edicións