Hanuka: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
Durante estes sucesos, os xudeus recuperaron e purificaron o Templo e Xerusalén. Tradicionalmente sostense que a gran menorah (candelabro) do Templo de Xerusalen estivo aceso durante oito días, a pesar de que non había aceite dabondo para que isto sucedese. Este miragre, rexistrado no Talmud, constitúe a razón principal da celebración de Hanukka, e un recordo da victoria contra a asimilación.
 
 
As festas poden producirse dende o 26 de novembro ata o 27 de decembro, segundo coincida no calendario xudeu. O elemento principal da festividade é a Hannukia (Candelabro de 9 brazos). Durante os oito días da celebración usase a vela central para ir encendendo cada unha das velas restantes do candelabro. As familias xudeas reúnense nos fogares para conmemorar estas datas con cantigas típicas de estas festas.
 
Cabe destacar que existen outras tradicións adicionais no Hanukka, como por exemplo a de facer xirar un trompo chamado maioritariamente dreidel. En cada lado do trompo aparecen as letras hebreas que inician as palabras "Un grande milagre aconteceu alí". Ademáis tamén é común o intercambio de regalos, se ben esta tradición particular constitue claramente unha asimilación do Nadal cristián.
 
[[Categoría:Feirados xudaicos]]