Bronocice: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
fr:pot de Bronocice (só parte)
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de novembro de 2008 ás 20:24

Bronocice é unha aldea polaca, sita perto de Działoszyce, no powiat de Pińczów, no voïvodato de Santa-Cruz.

Xacemento e descubertas

Nos anos 19741979 acolleu os arqueólogos do Instituto de Arqueoloxía e de Etnoloxía da Academia Polaca de Ciencias (Polska Akademia Nauk, PAN), sob dirección de Janus Kruk, e dos da Universidade de New York, de Buffalo, con o profesor Sarunas Milisauskas.

Perto de Bronocice encontraron os vestixios dunha inmensa aldea fortificada, que data dos inicios da agricultura na Pequena Polonia. A poboación neolítica é a maior da Europa Central. Subsistíu algo máis de 1.000 anos entre 3800 e 2700 anos a.C.

A aldea estaba situada sobre o planalto de loes de Baski, nas beiras do río Nidzica, estendéndose por unha superficie próxima a 50 hectáreas. A zona defensiva. que cerca unha superficie de 2,4 hectáreas, estaba arrodeada por un foxo e un valado de madeira. Os habitantes tiñan como ocupación principal a agricultura e gañaban novos terreos de cultivo queimando os bosques. Cultivaban principalmente diversas clases de cereais: trigo, orxo, millo, e ademais papoulas, lentellas, chícharos e liño. Criábanse animais: uros, ovellas, cabras, e porcos. A grande cantidade de ósos de carneiros e de pequenos años, demostran unha producción centralizada na la e os vestidos.

Conmemoracións

Perto do lugar da descuberta da famosa pota de Bronocice, foi erguido no ano 2003 o monumento « Praojcom i Archeologom » (« A prol dos Ancestros e dos Arqueólogos »). Mentres, en Działoszyce se celebran, cada dous anos, uns coloquios sobre Arqueoloxía.

Ver tamén