Xurelo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 25:
 
==Nomes galegos==
''Xurelo'' e ''chicharro'' son os nomes habituais galegos desta especie. En termos de reparto xeográfico, pódese dicer que o primeiro é máis propio da costa sur, das grandes rías, entanto chicharro pertenceríaé ásusual nas [[Rías Altas]] e costa de [[Provincia de Lugo|Lugo]]. Por contra a variante ''xurela'' para indicar o individuo de gran tamaño é propia da zona entre [[Muxía]] e a [[ría de Ortigueira]]; nas rías meridionais soe denominarse ''moscón''. A designación de ''chincho'' para o xurelo pequeno é propia das Rías Baixas. De resto poden usarse os diminutivos ''xureliño'' e ''chicharriño''<ref>Cfr. Ríos Panisse, M.C., ''Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia''. Santiago. Universidad de Santiago de Compostela. 1977, páxs. 358-363</ref>.
 
===Étimos===
''Chicharro'' presenta un étimo pouco claro. É posíbel do bretón [[chinchard]] e desde aí polas variadas línguas do litoral atlántico e cantábrico (francés, gascón, vasco) pasou ao galego e outros idiomas. ''Chincho'' sería unha formación regresiva de chicharro. ''Xurelo'' é remisíbel ao latín vulgar *''sorellus'', diminutivo de ''saurus'', e éste do grego ''saûros'' "lagarto e xurelo". Fronte a anterior esta variante é claramente mediterránea, como pode observarse no apartado seguinte<ref>Cfr., <ref>Cfr. as apostilas de Antón Santamarina in Ríos Panisse, M.C., Ibidem</ref>
 
===Nomes noutras linguas===
* Portugués: ''carapau'' (e ''garapau''), ''chicharro'', ''sorêlo''.
* Castelán: ''jurel'', ''chicharro'', ''escribano''.
* Catalán: ''sorell''.
* Vasco: ''txitxarro''.
* Bretón: ''chinchard'', ''craennik''.
* Francés: ''chinchard'', ''caringue'' e [[carangue]], ''saurel'', ''maquerelle'', ''maquereau bâtard''.
* Gascón: ''chichàrrou''.
* Italiano: ''lacierti'', ''sauro'', ''sorello'', ''sciuro''.
* Inglés: ''horse mackerel'', ''scad'', ''pollock''.