Aguasantas, Cerdedo-Cotobade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiño
+ datos
Liña 10:
 
'''Santa María de Aguasantas''' é unha parroquia que se localiza no sur do concello de [[Cotobade]]. Segundo o [[IGE]] no 2007 tiña 352 habitantes (140 homes e 212 mulleres), 6 menos que no ano 2006. Dos 28 lugares da parroquia, están habitados 17.
 
Como parroquia católica, pertence á [[diocese de Tui]] e ó [[arciprestado de Cotobade]]. A igrexa parroquial é punto de [[romaría]], con culto á Nosa Señora. Conta a tradición, recollida polo [[Andrés María Solla García|padre Solla]], que na idade media a única igrexa da zona era a da parroquia de [[Caroi]]. Un domingo unha cega do lugar das [[As Boliñas, Aguasantas, Cotobade|Boliñas]] ía a misa acompañada dun familiar, e ó pasar a carón dunha fonte, ó pé da casa, lavouse. Ó pasar a auga polos ollos recuperou a vista, e tralo milagre, impulsada por un presentimento, atopou unha imaxe da Virxe entre a maleza. Logo de correrse a voz, os frades do [[Mosteiro de San Pedro de Tenorio|mosteiro de Tenorio]] promoveron a construción dun novo templo, comprometéndose a ir dar a misa.
 
Posiblemente o primeiro templo fose [[arte románica|románico]]. No século XVI comezouse un novo edificio, rematado no XVII.
 
==Bibliografía==
[[Antón Fraguas Fraguas|Fraguas, Antón]]: ''Romarías e santuarios'', 1988.
 
{{Lp Aguasantas}}