Riós: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 54:
 
==Xeografía humana==
[[Imaxe:VEIGA_DO_SEIXO.JPG|thumb|250px|left|Vista da aldea [[A Veiga do Seixo, Castrelo de Cima, Riós|da Veiga Do Seixo]]]]
 
Son trinta e cinco os núcleos habitados repartidos nas oito parroquias que ten o concello de Riós, entre aldeas, casaríos ou pequenos barrios vinculados a lugares de máis relevancia. A maioría son aldeas de estrutura compacta, dominando terras de cultivo e pradarías, de rúas estreitas e con construción tradicionais, con adegas e acubillos para os animais na parte baixa e as estancias da vivenda no andar superior. Pola contra, non faltan tamén os núcleos que naceron e medraron a carón de vías de comunicación e que de primeiras comezaron sendo simples mesóns, pousadas ou vendas. Lugares como As [[Vendas da Barreira]], Trasverea, Trasestrada, San Pedro de Pousada, etc., e topónimos como O Mesón dos Caracos en A Trepa, A Venda da Mar e A Parada en Fumaces son reveladores en canto á súa vinculación cos camiños.