Cacaforra cincenta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
remato
Lameiro (conversa | contribucións)
algo máis
Liña 14:
 
==Descrición==
O sombreiro é primeiro convexo pero ó madurar adopta unha forma plana, ben aberta, de ata 10-12 cm de diámetro, de superficie viscosa e cor parda, con variacións desde o gris ata o café claro ou amarelento, máis escuro no centro. Presenta unhas pequenas manchas brancas (como as que caracterizan á [[rebentabois|''Amanita muscaria'']]), caedizas e que poden ser arrastradas pola chuvia. O bordo é claramente estriado desde novas, o que constitúe un trazo característico.
 
As laminiñas son brancas, libres e moi numerosas. As esporas son tamén brancas, de 9-12 por 7-9 micras, lisas e non amiloides.
 
O pé é recto e branco, engrosado cara a base, oco no centro e de ata 15 cm de altura. Presenta un anel branco e pequeno, que adoita desaparecer, polo que a súa presenza ou ausencia non é significativa. A volva da base é ampla e ben visible, co bordo nítido, e posúe ademais uns engrosamentos como cordóns que parecen subir polo pé.
 
A carne é branca e de sabor lixeiramente doce, que pasa a acre cando madura. Co tempo vai tornándose cada vez máis parda. O olor é débil ó principio e repugnante ó madurar.
Liña 35:
* GARCÍA ROLLÁN, Mariano (1986): ''Manual para buscar setas''. Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Madrid.
* NONIS, Umberto (1981): ''Setas. Descrición, localización, toxicidad y valor culinario''. Daimon, Madrid.
* VV. AA. (1986): ''Setas''. Editorial Blume S. A., Barcelona.
 
===Outros artigos===