Marguerite Bervoets: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Persoalidade Belga
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 6 de novembro de 2008 ás 10:23

Marguerite Bervoets (1914 - 1944) foi unha resistente belga durante a Segunda Guerra mundial. Profesora en Tournai durante a invasión alemana, funda dende 1941 un semanario clandestino, « La Délivrance ». Arrestada e xulgada, foi executada en Alemaña o 7 de agosto de 1944.

En agosto de 1942, Marguerite Bervoets et Cécile Detournay, que daquela formaban parte da Lexión Belga, acceden aos arredores do campo de aviación de Chièvres co fin de fotografiar unhas baterías antiaéreas recentemente instaladas. As dúas mozas levan un saco con provisións e unha cámara fotográfica. Comezan a tomar fotos cando un centinela alemán sorpréndeas e lévaas ante un oficial. As mozas mostran o seu saco e din que elas ficaban nunha granxa viciña para recoller vituallas e afirman que elas querían só facer unhas fotos da paisaxe para terminar uns carretes fotográficos. Desgraciadamente, o lugartenente alemán ordea unha investigación. No domicilio de Marguerite, atópanse unhas armas. A moza que presentira o seu destino xa citara no instituto unha frase de Maeterlinck: "É fermoso saber sacrificarse, xa que o sacrificio conleva felicidade a outros". Despois duns meses na cadea hitleriana de Mons, Marguerite Bervoets e Cécile Detournay son deportadas a Alemania para aí ser xulgadas. Marguerite e condeada a morte; Cécile a sete anos de traballos forzosos.

Dous anos máis tarde, o 7 de agosto de 1944, Marguerite Bervoets foi guillotinada nunha cadea nazi, en Wolfenbüttel ao mesmo tempo que outra figura da Resistencia belga : Fernande Volral. Cécile Detournay será ceibada pola tropas americanas en maio de 1945. Os xefes directos de Marguerite et de Cécile, Henri Deneubourg et Edouard Sourdeau, igualmente arrestados en agosto de 1942, foron tamén guillotinados na cadea de Wolfenbüttel 1 de xuño de 1944.

En honor de Marguerite Bervoets, a escola de Mons (en Hainaut) onde fixo os tres derradeiros anos de humanidades leva o seu nome; é hoxe o Ateneo Real Marguerite Bervoets. Unha rúa de Mons leva igualmente o seu nome, e tamén unha rúa en Forest (Bruselas) e incluso unha rúa de Guyancourt (preto de París). Atópanse tamén varios monumentos tanto na Bélxica como noutros estados (por exemplo nas ribeiras do lago de Como).

Enlaces externos

Fontes