Conversa:Prestige: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Ten tódalas traxas de ser a Cámara de Comercio de Pontevedra
enlace exacto da nova, e opinión sobre as referencias
Liña 4:
::Eu non atopo nada ó respecto do Prestige nesa www.wreckedexotics.com, pero si en http://wheelsweekly.blogspot.com/, de onde procede esa cita dos 12 billion de dólares, e de onde foi saltando de blog en blog. Tamén pode ser que aquí estea xa rebotada dalgún outro, claro. Évos un blog con toda a credibilidade que vos mereza un blog.
::Tamén vexo que Greenpeace [http://www.greenpeace.org/raw/content/usa/press-center/reports4/the-prestige-disaster-one-yea.pdf] recollía en novembro de 2003 (1 ano despois) a cifra de case 1,4 millóns de euros: "The initial figures produced by the Pontevedra Chamber of Commerce have estimated a loss of 1,390 million euros in the Galician fishing sector and processing industry", e daba como fonte un informe desa "Pontevedra Chamber of Commerce" de título "Problemas empresariales y propuestas de situación. 2003". Logo, existir, existe tal informe da tal Cámara de Comercio. O caso será atopalo, porque na súa web non dou con nada relacionado co Prestige. Saúdos, Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 17:05, 5 novembro 2008 (UTC)
:::Esta [http://www.wreckedexotics.com/articles/011.shtml páxina] é onde está o informe da wreckedexotics.com. Polo que di Lameiro, entón serían 1,4 millóns de € no canto de 12 millóns de $. A verdade é que estimar a repercusión económica de accidentes destas características é imposible, e facer comparativas históricas con outros accidentes todavía máis aventurado. Por iso eu entendo que nunca se podería poñer nunha enciclopedia afirmacións do tipo "o terceiro accidente máis caro da historia". O aceptable sería algo do estilo: "de acordo coa Cámara de Comercio de Pontevedra, as perdas ocasionadas no sector pesqueiro estimaronse en x €". Pero para isto habería que saber que existe realmente o informe, e idealmente poñer a referencia. [[Usuario:Miguel.lima|Miguel.lima]] 22:49, 5 novembro 2008 (UTC)
Volver á páxina "Prestige".