Stefano Ittar: Diferenzas entre revisións

arquitecto italiano
Contido eliminado Contido engadido
Arquitecto barroco de Catania
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 5 de novembro de 2008 ás 10:34

Stefano Ittar (cara 17301789) é un arquitecto italiano. Naceu na Polonia, onde seu pai, membro da familia aristocrática Guidone de Hittar, fóra refuxiado debido a un conflicto co Grande Ducado de Toscana.

Igrexa da Collegiata ou Santa Maria dell'Elemosina en Catania, obra salientable do barroco sicilián, foi realizada por Stefano Ittar cara o 1768.

Cando Stefano era aínda novo, a súa familia trasládase a Roma, onde puido estudiar arquitectura baixo a protección do cardenal Alessandro Albani e influenciarse polas realizacións de Francesco Borromini.

Despois dunha breve estancia en España, Ittar instálase en Catania, na Illa de Sicilia, en 1765. A vila estaba fortemente danada polo seísmo de 1693, grazas aos esforzos de Giovanni Battista Vaccarini qui reconstruíra bairros enteiros no estilo barroco.

Entre as realizacións de Stefano Ittar en Catania, contanse a Igrexa de San Martino ai Bianchi, Igrexa San Placido e sobre todo a fachada da Collegiata, considerada coma obra maestra e coma un modelo na técnica do claro-escuro.

Dous dos fillos de Stefano, Enrico e Sebastiano, chegaron tamén a ser afamados arquitectos locais .

Fonte