Huey P. Newton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: zh-yue:豪爾牛頓
Zumbi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Huey P. Newton''' ([[17 de febreiro]] de [[1942]] - [[22 de agosto]] de [[1989]]). Activista [[afroestadounidense]] cofundador e líder do [[Panteras Negras|Partido Pantera Negra]]. Nacido en [[Monroe]], [[Louisiana]], fillo dunha labrega e dun crego baptista, tras rematar a secundaria é incapaz de ler por si mesmo, polo que ten que aprender dun xeito autodidacta. Continua a súa educación no Oakland City College, onde forma parte da Asociación Afro-americana e de fraternidade Phi Beta Sigma. Neses anos consegue integrar o primeiro curso de historia afroestadounidense como parte do programa oficial do centro. Neses anos comeza a formarse ideoloxicamente lendo as obras de [[Frantz Fanon]], [[Malcolm X]], [[Mao Tse-tung]], e o [[Che Guevara]]. Na súa estancia no centro tamén coñece a [[Bobby Seale]], co que decide fundar o [[Panteras Negras|Partido Pantera Negra para a Autodefensa]] en outubro de [[1966]]. [[Bobby Seale]] fica como xefe da organización e el asume o posto de director das labouras defensivas.
 
O coñecemento legal do Código Penal de California permítelle desenvolver as teorías da autodefensa, comezando o impulso á poboación afroestadounidense para que se armasen e formasen patrullas, conforme aos seus dereitos legais, para combater a brutalidade e as agresións policiais. Crese que en parte desta doutrina estaba a idea de preparar á poboación para unha futura revolución [[maoísmo|maoísta]]. Newton tamén foi unha figura crucial no impulso e desenvolvemento do programa de almorzos gratuítos para crianzas, un dos vértices da acción social dos [[Panteras Negras]].
Liña 22:
 
[[Categoría:Afroamericanos (Estados Unidos)|Newton, Huey P.]]
[[Categoría:Políticos dos Estados Unidos]]
 
[[de:Huey Newton]]