Rubián, Bóveda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Santiago de Rubián''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Bóveda]].

Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 354 habitantes (183 mulleres e 171 homes), distribuídos nas entidades: A Calle, Campo de Muro, A Eirexa, Pacio do Río e Rubián, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 366 habitantes.
 
Festas do Ecce Homo, o 15 de setembro.
 
A nota máis antiga desta parroquia aparece nun documento da Catedral de Lugo, datado o 17 de novembro de 1202.
 
==Patrimonio artístico==
*'''Igrexa parroquial''' do s.XVIII, ten planta rectangular. A capela maior, diferenciada en planta da nave por ser máis estreita, antecédea un arco de medio punto en granito, e ten a sancristía adosada.
 
*'''Capela do Ecce Homo''', do s.XVIII. Trátase dun edificio de planta en T, con muros de mampostería en pizarra. A nave, con cuberta a dúas augas en madeira e pizarra, comunica coa capela maior, diferenciada desta en planta e alzado e con cuberta a catro augas, por un arco de medio punto.