Remesar, Bóveda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 54 habitantes (31 mulleres e 23 homes), distribuídos nas entidades de [[Augalevada, Remesar, Bóveda|Augalevada]], [[A Fontaíña, Remesar, Bóveda|A Fontaíña]], [[Ourille, Remesar, Bóveda|Ourille]], [[Penacova, Remesar, Bóveda|Penacova]], [[A Portaxe, Remesar, Bóveda|A Portaxe]] e [[Remesar, Remesar, Bóveda|Remesar]], o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 69 habitantes.
 
A primeira referencia a Remesar, aparece nun documento da Catedral de Lugo, do ano 891, no que se cita como lugar do Val de Lemos. Posteriormente, Juan de Padromao abade de Castro de Rei, fai carta de foro, no 1502, sobre varias casas e herdanzas desta parroquia.
 
==Patrimonio artístico==
A igrexa parroquial data do s.XVII. Trátase dun edificio con dúas naves, de planta rectangular e muros de mampostería de pizarra enlucidos, con cuberta de madeira e pizarra a dúas augas.
 
Na [[A Portaxe, Remesar, Bóveda|Portaxe]] sitúase a Capela da Virxe dos Dolores, do s.XVIII aínda que moi reformada. No mesma aldea consérvanse tamén restos do Muíño do Fidalgo.
 
Destaca en [[Penacova, Remesar, Bóveda|Penacova]], a Ferrería do mesmo nome, da que temos unha primeira referencia no ano 1780. Presenta un bo estado de conservación, conservando a fragua, o mazo, os foles, a maquinaria hidráulica en xeral en funcionamento gracias a súa restauración. No mesmo lugar atopamos o Muíño de Penacova, tamén ben conservado.
 
 
{{Lp Remesar}}