José Monzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
Cambio Miño, A Coruña por Miño
Liña 13:
No comezo da guerra, José Monzo e [[Juan Antonio Suárez Picallo]] organizarán, xunto a [[José Púbul]], o alcalde [[Antonio Fernández Pita]] e o ex alcalde e galeguista [[Justo Rodríguez Pérez|Justo Rodríguez]], a resistencia contra as tropas franquistas. Mais pouco tardaría en caer a vila de Sada, o [[23 de xullo]], baixo a columna dirixidas por Oliete.
 
Monzo agocharíase, nun comezo, na súa propia casa, para máis tarde fuxir do acoso da [[Garda Civil]] e esconderse no faiado dunha amiga da familia. Finalmente ten que deixar Sada e cruzar a ría, agochándose en [[Miño, A Coruña|Miño]] e máis tarde nos illotes do Cabrón e Carboeira, situados fronte a [[Perbes]] e [[Pontedeume]], respectivamente. A familia aproveitaba a súa condición mariñeira para levarlle provisións, mais finalmente enfermou e houbo regresar a [[Sada]], onde, o [[4 de xullo]] do [[1938]], optou por rematar coa vida antes de que llela arrebatasen os fascistas, aparecendo o seu cadáver na estrada de [[Fontán]] e sendo soterrado no cemiterio do [[Fiunchedo]].
 
No ano [[2003]] o Concello de [[Sada]] decidíu dárlle o seu nome á rúa na que vivíu. No [[2007]], aparecería tamén na placa que un grupo de veciños situaron na devantita localidade en homenaxe ás víctimas da represión franquista.