Diferenzas entre revisións de «A morte na literatura popular galega»

refráns sobre a morte
(algunha locución máis)
(refráns sobre a morte)
* ''Ver a morte preto''
* ''Volver un da morte á vida'': recuperarse con ben dunha grave enfermidade.
 
==Refraneiro==
* A morte a ninguén perdoa.
* A morte a todos iguala.
* A morte a uns dá boa e a outros mala sorte.
* A morte bárreo todo.
* A morte é boa cando certamente é mala.
* A morte é fonte da vida: morren uns pra que outros vivan.
* A morte é tan certa como a vida é incerta.
* A morte, nin buscala nin temela.
* A morte non veña, que achaque non faltará.
* A morte por todo morde.
* A morte sempre ten disculpa.
* A morte tódalas cousas iguala.
* A morte todo o atalla.
* A morte todo o descompón.
* A mortos e a idos non hai amigos.
* Á muller que ruín sexa, dúas tundas: unha para que Deus vaia vela, outra para que a ver a Deus vaia ela.
* A pena do morto chega ó horto.
* A quen morte allea desexa, a súa lle chega.
* A raíz de anciana todo sana, menos o mal da morte que é moi forte.<ref>A 'anciana'' é a xenciana, afamada herba medicinal.</ref>
* A san Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo.
* Achaque quer a morte.
* Achaque quer a morte, non sabe de que sorte.
* Alifaces quere a morte, mais chegar chega sen sorte
* Amor e morte, nada máis forte.
* Andade a decir verdades e morreredes nos hospitales.
* Antes morrer que deixarse matar.
* Antes morte que vergonza.
* Ata a morte, pé forte.
* Ata a morte ten vicio.
* Ata a morte, tente forte.
* Ata a morte, todo é vida.
* Ata morrer, todo é vivir.
* Ata a sepultura, a carne dura non é segura.
* Ben veñas, morte, se vés soa.
* Cabalo á carreira, sepultura aberta.
* Cada pobre enterra o seu pai como pode.
* Cada un enterra a seu pai como pode.
* Cando a ver un enfermo moitos médicos van alporízase o sancristan, porque é siñal de ¡din! ¡dan!.
* Cando menos se pensa, a morte chega.
* Cando morras, acabouse.
* Cando o neno endenta, a morte tenta.
* Cando o vello empeza a inchar e o novo a flaquear, sinal de logo marchar.
* Cando o vello non poida beber, pódenlle a cova facer.
* Cando se chama á morte e non vén, é que a súa razón ten.
* Casa nova, dono morto.
* Casar e morrer, á última hora.
* Casar e morrer, todo á vez.
* Casar e morrer, unha vez.
* Catarro, casamento, cagarreira e caída, catro ces que quitan ó vello a vida.
* Catro cousas levan ó vello á sepultura: cunha caida, unha pulmonía, casar cunha muller nova e unha cagarría.
* Ceas, penas e soles, matan ós homes.
* Cen anos hai que morreu, e aínda hoxe a vella chora.
* Coa morte todo se acaba.
* Coa morte todo se esquece.
* Coa morte todo se vai.
* Comamos, bebamos e runfemos, que ó cabo de morrer temos.
* Con aceitonas e pan quente, mórrese a xente.
* Con pan ou sen pan, o que non morra vivirá por san Xoán.
* Contigo me enterren, que ben me entendes.
* Contra a morte non hai casa forte.
* Contra a morte non hai home forte.
* Contra a morte non hai medio, pero a morte é un remedio.
* Corazón forte, ó seu dono leva á morte.
* Da fame non morre ninguén, de moito comer, máis de cen.
* Da morte non se escapa nin o rico nin o pobre, nin o rei nin o Papa.
* Dálle tres figas á morte se mexas craro, cagas duro e peideas forte.
* Dálle verzas en agosto se queres ver ó teu home morto.
* Das grandes ceas están as sepulturas cheas.
* De fame non morre ninguén; de moito comer, máis de cen.
* De morrer ninguén se escapa, nin o rei nin o Papa.
* De morte é sinal o non querer sanar.
* Déanos Dios pacencia, e morte sin penitencia.
* De facer testamento, faino a tempo.
* Despois de morrer, campanas por gaitas.
* ¡Deus dea que facer!... Dicía o enterramortos.
* Deus nos libre do día das alabanzas.
* Deus perdoe ós mortos e con saúde ós enterremos.
* Duro é non ter que comer, pero máis duro é ter que morrer.
* Ende morrendo, acabouse todo.
* Engordar, pra morrer.
* Enterro sin choros e romaría sin gaita, non teñen gracia.
* Espantouse a morte da aforcada cando a viu tan esguedellada.
* Está a vella morrendo e está deprendendo.
* Está un morrendo e está deprendendo.
* Estase a vella a morrer e aínda está por deprender.
* Este labor feito vai, dixo o que enterraba á muller.
* Fidalgo probe, na palla morre.
* Gori, gori, enterremos a este pobre, e se non ten diñeiro, enterrémolo no palleiro.
* Hai que saber con quen se gastan os cartos, moita cera cun ruín difunto é un atraso.
* Home honrado, antes morto que aforcado.
* Home morto, non come pan.
* Home morto, non dá fala.
* Home morto, non fai guerra.
* Home morto, non fala.
* Home morto, non gana soldo.
* Home morto, non pide rezos e responsos.
* Home vello e muller nova, deica a cova.
* Leite de cabra e leite de burra danse camiño da sepultura.
* Maio me molla, maio me enxuga, maio me leva á sepultura.
* Máis matan ceas que guerras.
* Máis val morrer que mal vivir.
* Máis vale cheirar de vivo a merda que de morto a incenso e cera.
* Máis vale de vivo cheirar a touro, que de morto a ouro.
* Mal alongado, morte no cabo.
* Mal de morte ó meu home lle cai en sorte.
* Mala morte mate á morte.
* Mordedura de alacrán: busca viño e busca pan, que mañá te enterrarán.
* Morra Marta, morra farta.
* Morran outros e vivamos, e con saúde os enterremos.
* Morre o rei e morre o Papa; e de morrer ninguién escapa.
* Morrer por morrer, morra meu pai que é máis vello
* Morte de pai, casa non desfai, pero sí morte de nai.
* Morte de sogra e dor de nora, máis por dentro que por fóra.
* Morte de uns é vida de outros.
* Morte duns, esterco doutros.
* Morte e venda desfai renda.
* Morte non veña que achaque non teña.
* Morto o burro, cebada ó rabo.
* Muller morta, sete á porta.
* Mulleres e malas noites matan ós homes.
* Na sepultura amolece a carne máis dura.
* Nin morte sin pranto, nin boda sin canto.
* Ninguén morre ata que Dios quer.
* Ninguén morre tan probe, que máis probe non nacese.
* No enterro, os achegados, e nas honras, os convidados.
* No nacer e no morrer todos iguais temos que ser.
* Non é mala morte cando fai o que debe o que morre.
* Non é o mesmo morrer, que ver morrer.
* Non hai como morrer pra conecer a morte.
* Non hai como morrer pra que gaben a un.
* Non hai morte que veña, que achaque non teña.
* Non hai ninguén tan pobre que ó morrer non lle sobre.
* Non hai voda pobre nin mortuorio rico.
* Non se me dá nada, que en morrendo en todo se acaba.
* Non veña a morte, que achaque non ha faltar.
* Novo que morres, ¡vello qué esperas!.
* Nun ano morre a vella ou quen a leva.
* Nunca millor morre o home que cando máis quer vivir.
* Ó cabo morrer, e a chave na porta.
* O caldo de galiña, ós mortos resucita.
* O día que te cases, ou te curas ou te matas.
* Ó enfermo purgádeo, sangrádeo, acochádeo, e se morre, enterrádeo.
* O erro do médico, a terra o tapa, o do avogado, o diñeiro o sana.
* Ó escudeiro rico mórreselle a muller como a calquera veciño.
* O home que hincha, se é mozo sana, e se é vello, na cova rincha.
* O home que hinchar, se for vello para morrer, se mozo para sanar.
* O loito do morto non chega ó suarego do horto.
* O mal da morte naide o entende.
* O mal da morte non ten cura.
* O mozo logo pode morrer, pero o vello pouco pode vivir.
* O mozo mirrar e o vello engordar é pouco durar.
* O mozo pode morrer, mais o vello non pode vivir.
* O que a ferro mata, a ferro morre.
* O que cede o seu antes que morra, merece na cabeza unha porra.
* O que dá o que ten antes de que morra, merece que lle dean cunha cachiporra.
* O que dá o que ten antes de que morra, que lle dean cachiporra.
* O que enferma para morrer, ningún remedio lle pode valer.
* Ó que ha morrer ás escuras, non lle importa ser cereiro.
* O que ha morrer ás escuras, pra nada quer candil.
* O que ha ser pobre, nunca rico morre.
* O que mal nos queira que no ceo nos vexa.
* Ó que morre, entérrano.
* O que no leite se mama, na mortalla se derrama.
* O que non mata, engorda.
* O que non se alaba, de ruín morre.
* Ó que por consello do demo se dá morte, Santiago a vida lle devolve.
* O que ten quen o chore, tódolos días morre.
* O que vive de recordos, vive entre os mortos.
* O que vive pobre e morre rico, é ben borrico.
* O vello que incha, na cova rincha.
* Onde hai morte, hai mala sorte.
* Onde hai morte, non hai boa sorte.
* Onde hai morte, non hai mala sorte.
* Onte morreu el, e xa ela casarse quer; ¡ai do que ten que morrer!
* Os enfermos cúranse nos libros e mórrense nas camas.
* Pagar e morrer, á última hora.
* Pai morto, fillo herdeiro.
* Pan quente e viño forte, ó vello danlle morte.
* Para o amor e a morte non hai cousa forte.
* Paxel que moito se lava e home que moito se cura, pouco duran.
* Picadura de alacrán, chama cura e sancristán.
* Picadura de denociña, busca cura e campaíña.
* Por eso morreu Pepiño, por beber auga en vez de viño.
* Por unha vella que morreu, cen anos de pestilencia
* Pra a morte non hai casa forte.
* Pra a morte non hai home forte.
* Pra a morte non hai remedio cando veña, senón estarricar a perna.
* Purgádeo, sangrádeo, coidádeo, e se morre, enterrádeo.
* Que morrer hemos, ben o sabemos.
* Que non morran as vacas, que os homes hainos a manadas.
* Queiramos ou non queiramos, pra morrer nacemos.
* Quen a morte de outro agarda, longa corda desata.
* Quen do alacrán está picado, cóidase medio enterrado.
* Quen en maio non merenda, ós mortos se encomenda.
* Quen está a pucheiro, anda a tratos co sepultureiro.
* Quen máis non pode morrer se deixa.
* ¿Quen morreu? Quen pan comeu e viño bebeu.
* Quen non teme á morte non é home forte.
* ¡Quen te desfai casa forte!, a morte.
* Quen teme á morte non disfroita da vida.
* Quen vive de recordos, vive entre mortos.
* Rapaz que vela e vello que dorme, sinal é de morte.
* Sabemos da morte, máis non sabemos de qué sorte.
* Se a morte non nos para o carro, todos teremos un camiño andado.
* Se a pizma de liñaza non cura, ¡chama ao cura!.
* Se en xaneiro tose o neno, non teñas medo; se tose no mes da sega, pode ir pra terra.
* Se han de morrer dous que morra un.
* Se morremos, pra eso nacemos.
* Se ó vello lle quitan a pinguiña e mais a cociña, que o enterren axiña.
* Se os dores non matasen, ningún dor sería grave.
* Se queres facer testamento, faino antes de estar enfermo.
* Se queres ó teu marido matar, dálle verzas por san Xoán.
* Se queres ver á túa muller morta, dálle a comer samborga.
* Se te morde a donicela, busca camisa para a terra.
* Se te morde a donicela, busca viño e busca vela, que mañán che darán terra.
* Se te morde a salamántiga, que che fagan logo a cama.
* Se te morde o alacrán, busca cura e sancristán, que mañá te enterrarán.
* Se te morde un alacrán, busca viño e busca pan, sacerdote e sancristán, quen mañán te enterrarán.
* Se te morde un alacrán, garda viño e garda pan, que mañá te enterrarán.
* Se te morde un alacrán, tres días comerás pan.
* Se te morde un alacrán, xa non comerás máis pan.
* Se te pica un alacrán, chama crego e sancristán.
* Se te pica un alacrán, tres días comerás pan.
* Se te roi un alacrán, busca a cera e mais o pan, e se te roi a adelouciña, búscaos aínda máis axiña.
* Se te roi un alacrán, busca viño e busca pan, e mais crego e sancristán, antes hoxe que mañá, pois logo te enterrarán.
* Se tiveras a túa casa a arder, a túa muller a morrer, e no teu cu un abilleiro, ¿a quen acoderías primeiro?
* Sepa o home: morre o rico e morre o pobre.
* Tanto morre o Papa como o que non ten capa.
* Tanto ó rico coma ó pobre, dándolle a da morte, morre.
* Terás moita sorte se Dios cha dá, e morrerás de vello se chegas alá.
* Testamento non é enterramento, pero é presentemento.
* Todo está ben se a morte non vén.
* Todo ten remedio menos a morte.
* Todo vai ben, se a morte non vén.
* Unha boa morte é a millor sorte.
* Unha hora pra morrer non ha faltar.
* Vai a vella morrendo e vai deprendendo.
* Val máis deixar na morte ó enemigo, que pedir na vida ó amigo.
* Val máis morte calada, que púbrica desventura.
* Vale máis que digan “Aquí correu” ca “Aquí morreu”.
* Vello que fai voda, cava sen querer a súa cova.
* Vello que incha, logo rincha.
* Vello que incha, na cova desincha.
* Vén a morte e non se sabe de qué sorte.
* Vida sen amigos, morte sen testigos.
59.229

edicións