Diferenzas entre revisións de «A morte na literatura popular galega»

algunha locución máis
(locucións en col da morte)
 
(algunha locución máis)
 
==Locucións==
* ''Á morte'': estar a piques de morrer.
* ''Ata a morte'': firmemente resolto, pase o que pase.
* ''Axudar a ben morrer'': auxiliar ó moribundo coas oracións apropiadas.
* ''Batallar coa morte'': estar morrendo, agoniar.
* ''Busca-la morte'': facer voluntariamente certas cousas que poden representar grave perigo.
* ''Caer na cova'': recibir sepultura, ser enterrado.
* ''Deus te aparte do día das gabanzas'': aplícase ó día da morte, momento no que só se reciben loubanzas.
* ''Estar á morte'': estar un enfermo en estado crítico.
* ''Estar baixo os terróns": estar morto.
* ''Estar comendo pedra''.
* ''Estar comendo terra'': dise da persoa que morreu e está enterrada.
* ''¡Máis valera morrer!'': expresión ante unha desgracia irremediable e de graves consecuencias.
* ''Morra o conto'': frase para cortar unha discusión, forzando o paso a outro tema. Tamén se usa para pechar un trato.
* ''Morrer á miñoca'': morrer na máis absoluta miseria, de fame.; Taméntamén ''morrer á mioca''. Aplícase tamén en vida, co significado de estar na maior pobreza, vivindo de pedir esmola polas portas, e corre tamén nas formas ''andar, vivir ou casar á miñoca'' ou ''á mioca''.
* ''Morrer adoecendo coma un can'': morrer desesperado, padecendo moita dor.
* ''Morrer coma un can'': morrer un só e abandonado de familiares e amigos, sen que ninguén coide de un ou se compadeza del.
* ''Ser tan certo como que temos que morrer'': frase coa que se acredita que o que se di é absolutamente verídico.
* ''Sofrir morte e pasión'': sentirse moi contrariado, atormentado, violento.
* ''Subir ó ceo'': morrer, aplicado especialmente ós meniños.
* ''Tardarlle a un a brosa'': dise do vello acabado próximo á morte. A ''brosa'' é a machada.
* ''Ver a morte ós ollos'': atoparse nunha situación de extremo perigo.
59.232

edicións