Riazor Blues: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
Krisko (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Os Riazor Blues fundáronse en 1987 nunha viaxe a [[Vigo]] para se enfrontar nun partido de fútbol o [[Deportivo de La Coruña|Deportivo]] co [[Real Club Celta de Vigo|Celta]]. Semella que nesta viaxe, un xornalista de [[La Voz de Galicia]] denominou ao grupo de persoas que se desprazaban en tren a ver este partido de liga de [[Segunda división española|Segunda División]] como Riazor Blues; de aí viría o nome do grupo que nese momento se estaba a formar. Por aquel entón o Deportivo estaba en Segunda División e o seu estadio carecía dun grupo forte de seareiros, para alén dalgunhas agrupacións pequenas como Barrio Sésamo.
 
Os Riazor Blues aparecen tipificados como grupo ultra no libro "Radiografía dos grupos [[ultras]] en acontecementos deportivos", publicado polo [[Ministerio do Interior de España|Ministerio del Interior]]. Segundo o informe, este grupo está formado por 1.000 simpatizantes, entre os que hai “un apreciable grupo de rede skins”. A corrente principal do grupo é [[antifascismo|antifascista]], o que carrexou numerosos altercados con grupos ultras de ideoloxía de extrema dereita. Numerosos tamén foron os altercados cos seareiros do [[Celta de Vigo]] e do [[SociedadeSociedad Deportiva Compostela|Compostela]]. A peña conta con diferentes grupos denominados "seccións", as máis destacables son: Beer Firm, Galiza, USA, Os Suaves e Arsenio.
 
O membro do grupo "Riazor Blues" e dirixente da sección "Los Suaves", Gabriel Rodríguez Pérez, foi [http://www.lexureditorial.com/noticias/0602/08151343.htm responsabilizado do homicidio de Manuel Ríos], quen supostamente recriminara ao primeiro por unha malleira colectiva contra un afeccionado do Compostela. Debido a este incidente e a posterior represionrepresión policial, [http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/10/09/2057655.shtml a peña coruñesa decidiu autodisolverse], aínda que non moito tempo despues decidiu volver á actividade, cando o único acusado do asasinato de Manuel Ríos [http://www.ideal.es/granada/pg060323/prensa/noticias/Deportes/200603/23/ALM-DEP-113.html foi declarado inocente e absolto de todos os cargos].
 
==Amizades==
Os Riazor Blues están irmandados cos [[Biris Norte]], grupo ultra de seareiros do [[Sevilla Fútbol Club]].
 
==Referencias==
{{listaref}}
 
==Véxase tamén==